SPROUT, acrónimo de Space Research On Unique Technology, é un satélite artificial da Universidade de Nihon lanzado o 24 de maio de 2014 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características SPROUT é un demostrador tecnolóxico en forma de cubo de 20 cm de lado e 5 kg de masa. A súa misión foi probar a despregar unha membrana triangular de 1,5 m de longo para axudar a deorbitalo por fricción atmosférica. Tamén levaba a bordo unha cámara para fotografar a Terra e equipo de comunicacións para radioafeccionados.
Notas
Véxase tamén Outros artigos H-IIA
Categoría:Satélites artificiais