Francisca Nneka Okeke FAS, nada en Onitsha, Estado de Anambra (Nixeria) é unha científica nixeriana e profesora de física na Universidade de Nixeria e a primeira muller Xefa dun Departamento universitario.. En 2011, foi elixida como membro da Academia Nixeriana de Ciencia, a organización científica pioneira en Nixeria.
Traxectoria Francisca obtivo a súa licenciatura de física en 1980, xunto con outra compañeira e trinta estudantes homes. Foi a primeira muller xefa do departamento de Física e Astronomía e foi tamén a primeira muller nomeada decana da Facultade de Ciencias Físicas.
Os seus estudos sobre a actividade solar na forma en que a ionosfera afecta o campo magnético da Terra, podería conducir a unha mellor comprensión do cambio climático e axudar a identificar as fontes de fenómenos dramáticos como tsunamis e terremotos.
Francisca Nneka Okeke, fomenta a participación de mulleres na investigación sobre cambio climático.
Premios
Nomeada ao Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia e laureada por África en 2013
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Promoviendo la participación de las mujeres africanas en la investigación sobre cambio climáticono blog Mujeres con Ciencia
Categoría:Científicos de Nixeria Categoría:Nados no século XX