Stacksat foi unha misión serie de DARPA de carácter experimental e formada por tres satélites lanzados xuntos o 11 de abril de 1990 mediante un foguete Atlas-E Altair-3A.
Características Os tres satélites Stacksat usaban o bus Maestro e tiñan unha masa duns 68 kg cada un. Tiñan forma de cilindro, estabilizábanse mediante gradente gravitatorio e alimentábanse mediante a células solares que recubrían os seus laterais, producindo ata 15 W de potencia. A misión orixinal constaba de dous satélites que ían ser lanzados nun Scout G1, pero ao xa non quedar foguetes libres deste tipo decidiuse usar un Atlas E cun rendemento anormalmente baixo nun dos seus motores combinado cunha etapa Altair 3A. Os tres satélites da misión eran:
POGS & SSR (Polar Orbiting Geomagnetic Survey & Solid State Recorder): adicouse a medir o vector do campo magnético terrestre ao longo da súa órbita. Os datos obtidos axudaron a mellorar os sistemas de navegación terrestre e gardábanse nunha grabadora de estado sólido experimental. TEX (Transceiver EXperiment): levaba a bordo un transmisor de potencia variable para estudar o efecto da ionosfera nas transmisións en radiofrecuencia para determinar a potencia mínima coa que debe transmitir un satélite para poder ser recibida en terra. SCE (Selective Communications Experiment): usou un transmisor de frecuencia variable para estudar os efectos da ionosfera a diferentes frecuencias. Demostrou tamén o uso de técnicas de almacenamento e transmisión posterior como medio de comunicación.
A misión foi completada construíndo seis estacións de terra de baixo custo distribuídas por todo o mundo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Atlas-E Altair-3A
Categoría:Satélites artificiais