O Gran Premio de Turquía de 2021 (oficialmente o Formula 1 Rolex Gran Premio de Turquía de 2021) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 10 de outubro de 2021 no Circuíto de Istanbul, Istanbul, Turquía. Foi a décimo sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021.

Lewis Hamilton, pilotando para Mercedes marcou o tempo de volta máis rápido na clasificación e comezou 11º despois da aplicación das penalizacións na grella. Este ascendeu ao seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas á pole position. Bottas gañou a carreira, coa volta rápida, cos pilotos de Red Bull Max Verstappen e Sergio Pérez Mendoza rematando segundo e terceiro.

Antecedentes thumb|left|Vista aérea de Istanbul Park O evento tivo lugar do 8 ao 10 de outubro no Circuíto de Istanbul en Tuzla, Istanbul, coa carreira cubrindo cincuenta e oito voltas ao circuíto de catorce curvas. Foi a novena edición do Gran Premio de Turquía, que tivo lugar no mesmo lugar. Previamente estaba programado do 11 ao 13 de xuño (substituíndo ao Gran Premio do Canadá), pero aprazouse debido aos requisitos desfavorables de corentena durante a pandemia de COVID-19 en Turquía e as restricións de viaxe a Turquía impostas polo goberno británico. O 25 de xuño, o evento volveuse a programar despois da cancelación do Gran Premio de Singapur, que estaba programado do 1 ao 3 de outubro. O 28 de agosto, atrasouse unha semana do 8 ao 10 de outubro debido á redución do número de Grandes Premios no calendario. Foi o segundo ano consecutivo no que o Gran Premio de Turquía apareceu no calendario como rolda de substitución.

Mentres que o Gran Premio de Turquía de 2020 celebrouse a porta pechada, a edición de 2021 contou con espectadores.

O patrocinador do equipo Ferrari, Mission Winnow, prohibiuse nesta carreira. O nome e os logotipos do patrocinador non se utilizaron en ningunha carreira desde os Grandes Premios de Francia ata o Gran Premio de Italia por razóns legais, pero empregáronse nos Grandes Premios de Bahrain, Emilia Romaña, Portugal, España, Mónaco , Azerbaidján e Rusia. Red Bull e AlphaTauri loceron libreas en tributo a Honda, o seu provedor de motores, na que debía ser a carreira de Honda, o Gran Premio do Xapón. Os coches de Red Bull correron cunha librea predominantemente branca, inspirada na librea coa que Honda gañou a súa primeira carreira no Campionato Mundial de Fórmula Un, o Gran Premio de México de 1965. Os coches AlphaTauri presentaban a palabra "arigato", en xaponés "Grazas".

Pneus dispoñibles + Pneus dispoñibles para Istanbul Pneus para pista seca Pneus para chuviaalt=Représentation des pneus durs|center|55x55px Duros (Tipo C2)alt=Représentation des pneus medium|center|sans_cadre|55x55px Medios(Tipo C3)alt=Représentation des pneus tendres|center|55x55px Brandos (Tipo C4)55px|alt=Représentation des pneus intermédiairesIntermedios55px|alt=Représentation des pneus pluieChuvia

Clasificación da cualificación Pos.NºPilotoConstrutorTempos cualificaiónGrellaQ1Q2Q31 44 Lewis HamiltonMercedes1:24.5851:23.0821:22.86811Lewis Hamilton recibiu unha penalización de dez posicións por montar unha nova unidade de combustión interna (ICE).2 77 Valtteri BottasMercedes1:25.0471:23.5791:22.99813 33 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda1:24.5921:23.7321:23.1962 4 16 Charles LeclercFerrari1:24.8691:24.0151:23.26535 10 Pierre GaslyAlphaTauri-Honda1:24.7041:23.8171:23.32646 14 Fernando AlonsoAlpine-Renault1:25.1741:23.9141:23.47757 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda1:24.9631:23.9611:23.70668 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes1:25.1381:24.6421:23.95479 18 Lance StrollAston Martin-Mercedes1:25.5111:24.6011:24.305810 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda1:25.4091:24.0541:24.368911 5 Sebastian VettelAston Martin-Mercedes1:25.7871:24.7951012 31 Esteban OconAlpine-Renault1:25.4221:24.8421213 63 George RussellWilliams-Mercedes1:25.4171:25.0071314 47 Mick SchumacherHaas-Ferrari1:25.5551:25.2001415 55 Carlos SainzFerrari1:25.177Sen tempo19Carlos Sainz tivo que comezar a carreira dende a parte de atrás da grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.16 3 Daniel RicciardoMcLaren-Mercedes1:25.88120Daniel Ricciardo tivo que comezar a carreira desde a parte traseira da grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.17 6 Nicholas LatifiWilliams-Mercedes1:25.881 1518 991:26.4301619 7 Kimi RäikkönenAlfa Romeo Racing-Ferrari1:27.5251720 920px Nikita MazepinHaas-Ferrari1:28.44918107% tempo: 1:30.505Fonte:

Carreira A carreira comezou ás 15:00 hora local (UTC + 03:00) o domingo. Ferrari e McLaren substituíron os sistemas híbridos dos coches de Sainz e Ricciardo, respectivamente, o que deu lugar a que comezasen na parte de atrás da grella. Hamilton tamén recibiu unha penalización de dez posicións por exceder o seu número de motores de combustión interna permitidos.

Na primeira volta, Fernando Alonso e Pierre Gasly entraron en contacto na primeira curva, recibindo Gasly unha penalización de cinco segundos. Máis tarde Alonso entrou en contacto con Mick Schumacher, e Alonso recibiu a mesma penalización.Despois de pasar a Vettel, Hamilton superou a Yuki Tsunoda despois de que este defendera a posición ata que Hamilton pasouno na oitava volta. Na décimo cuarta volta, Carlos Sainz pasou polo interior a Vettel na undécima curva, pero tivo que seguir no bordo interior da beiravía para permanecer na zona húmida da pista. Isto alterou ao coche e Sainz e bateu co pneumático dianteiro esquerdo de Vettel. Sainz realizou múltiples adiantamentos na fase inicial da carreira, pasando da súa décimo novena posición de saída ao noveno posto na volta dezaoito.

Bottas gañou a carreira por diante de Verstappen. Verstappen retomou o liderado na clasificación do campionato de pilotos por diante de Hamilton, que quedou quinto despois dunha tardía parada en boxes. Ocon terminou a carreira no décimo lugar despois de non facer paradas en boxes, perdendo corenta e oito segundos ante Sainz durante as últimas dez voltas. Non houbo retiradas.

Clasificación da carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 77 Valtteri BottasMercedes581:31:04.103126Inclúe un punto pola volta rápida 2 33 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda58+14.5842183 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda58+33.7416154 16 Charles LeclercFerrari58+37.814 3125 44 Lewis HamiltonMercedes58+41.81211106 10 Pierre GaslyAlphaTauri-Honda58+44.292 487 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes58+47.213768 55 Carlos SainzFerrari58+51.526 1949 18 Lance StrollAston Martin-Mercedes58+1:22.0188210 31 Esteban OconAlpine-Renault57+1 volta12111 9957+1 lap 1612 7 Kimi Räikkönen57+1 volta 1713 3 Daniel RicciardoMcLaren-Mercedes57+1 volta 2014 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda57+1 volta 915 63 George Russell Williams-Mercedes57+1 volta 13 16 14 Fernando AlonsoAlpine-Renault57+1 volta 517 6 Nicholas LatifiWilliams-Mercedes57+1 volta 1518 5 Sebastian VettelAston Martin-Mercedes57+1 volta 1019 47 Mick SchumacherHaas-Ferrari56+2 voltas 1420 920px Nikita MazepinHaas-Ferrari56+2 voltas 18Volta rápida: Valtteri Bottas (Mercedes) – 1:30.432 (volta 58)Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 11 Max Verstappen262.5 12 Lewis Hamilton256.53 Valtteri Bottas1774 Lando Norris1455 Sergio Pérez135Fonte:

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos1 Mercedes433.52 Red Bull Racing-Honda397.53 McLaren-Mercedes2404 Ferrari232.55 Alpine-Renault104Fonte:

Nota: Só os cinco primeiros postos están incluídos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Turquía Categoría:Gran Premio de Turquía de Fórmula 1