Convergència i Unió (CiU) foi unha federación nacionalista catalá composta pola liberal Convergència Democràtica de Catalunya e a democristiá Unió Democràtica de Catalunya existente entre 1978 e 2015.Convergència anuncia o fin de CiU: “O proxecto acabouse”

Fundada como coalición electoral en 1978, gobernou a Generalitat de Cataluña entre 1980 e o 2003, e tamén entre 2010 e 2015. Ademais, foi a terceira forza política en escanos (en votos éo Esquerda Unida) no Congreso dos Deputados de España, por detrás de PSOE e PP.

CiU colaborou co BNG e o PNV a través de Galeusca para a consecución dun Estado plurinacional.

Integrantes A federación Convergència i Unió estaba integrada por dous partidos políticos: Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), partido liberal e nacionalista catalán creado o 17 de novembro de 1974 en Montserrat arredor da figura de Jordi Pujol i Soley e disolto o 8 de xullo de 2016 en Barcelona. Unió Democràtica de Catalunya (UDC), partido de ideoloxía democristiana ou socialcristiana fundado en 1931. É membro fundador do Partido Popular Europeo. O presidente do Comité de Goberno do partido e líder máis destacado é Josep Antoni Duran i Lleida.

Resultados electorais

* En 1977, a suma de CDC (5) e UDC (1)

Eleccións xenerais españolas ao Congreso dos Deputados Eleccións Candidato Votos % Escanos Posición 1979 Jordi Pujol 483.353 2,69% 8 5º 1982 Miquel Roca 772.726 3,67% 12 5º 1986 Miquel Roca 1 014 258 5,02% 18 4º 1989 Miquel Roca 1 032 243 5,04% 18 5º 1993 Miquel Roca 1 165 783 4,94% 17 4º 1996 Joaquim Molins 1 151 633 4,60% 16 4º 2000 Xavier Trias 970.421 4,19% 15 3º * 2004 Josep Antoni Duran i Lleida 835.471 3,23% 10 3º * 2008 Josep Antoni Duran i Lleida 774.317 3,05% 10 3º * 2011 Josep Antoni Duran i Lleida 1 015 691 4,17% 16 3º * * Nas eleccións xerais de 2000, 2004, 2008 e 2011, CiU obtivo o terceiro lugar en escanos pero non en votos. Eleccións autonómicas ao Parlamento de Cataluña Eleccións Candidato Votos % Escanos Posición 1980 Jordi Pujol 752.943 27,68% 43 1º 1984 Jordi Pujol 1 346 729 46,80% 72 1º 1988 Jordi Pujol 1 232 514 45,72% 69 1º 1992 Jordi Pujol 1 221 233 46,19% 70 1º 1995 Jordi Pujol 1 320 071 40,95% 60 1º 1999 Jordi Pujol 1 178 420 37,70% 56 1º * 2003 Artur Mas 1 024 425 30,94% 46 1º * 2006 Artur Mas 928.212 31,52% 48 1º 2010 Artur Mas 1 198 010 38,47 % 62 1º 2012 Artur Mas 1 112 341 30,68 % 50 1º* Tanto en 1999 como en 2003, CiU foi o segundo partido en obtención de votos, pero o primeiro en número de escanos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Convergència i Unió (CiU) Páxina do grupo parlamentario de CiU no Congreso

Categoría:Forzas políticas de Cataluña Categoría:Partidos nacionalistas cataláns Categoría:Partidos democristiáns Categoría:Partidos liberais Categoría:Partidos conservadores Categoría:Partidos europeístas