O Concurso de Traballos de Fin de Grao sobre Enxeñería e Muller Rural é convocado desde 2016 pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPS) do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa é promovida desde a Comisión de Igualdade de Xénero da EPS de Enxeñaría de Lugo para dar visibilidade ao traballo que desenvolven as mulleres no ámbito das enxeñarías.
O obxectivo é premiar os Traballos Fin de Grao das titulacións de Enxeñaría de Lugo asinados por alumnas (Modalidade A) ou que teñan como temática o desenvolvemento de proxectos que melloren as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural (Modalidade B).
Traballos premiados EdiciónModalidade AModalidade BV Desenvolvemento e optimización de sistemas construtivos celulares innovadores para a construción sostible (LIFE EcoTimberCell). Daniela Lourenço.IV Aplicación de sistemas de xestión de bases de datos para a selección da localización óptima dun polígono de arrecifes artificiais tipo verde-PROARR na Ría de Ares y Betanzos. Andreina Mitsai Vargas Carrión Instalacións accesorias para centro ecuestre no Concello de Culleredo. Ángela Fernández PiñeiroIII Proposta pasarela peonil sobre a Nacional 547 ao seu paso por O Pino (A Coruña), de Cristina Vila Paz O proxecto dunha adega no parque empresarial de Mos (Pontevedra), de Gabriela del Valle Bugallo GonzálezII María Nerea Fernández CantoProxecto de reforma dunha explotación porcina de destete para 5791 cabezas en O Coto, Toques’. Ismael Moeda Doval.I Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental-Ampliación de Explotación de Porcino. Verónica Gómez Ampliación e reforma dunha explotación de vacún de carne en réxime simiextensivo no lugar de A Carqueixeda, Samos, Lugo. Alberto Santín
Notas
Categoría:Premios de igualdade de Galicia Categoría:Universidade de Santiago de Compostela