Cruella é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Craig Gillespie. A historia baseada na personaxe Cruella de Vil da novela de 1956 The Hundred and One Dalmatians, escrita por Dodie Smith. O guión foi escrito por Dana Fox e Tony McNamara, a partir dunha historia de Aline Brosh McKenna, Kelly Marcel e Steve Zissis. É a terceira adaptación en vivo da franquía 101 Dalmatians e serviu como reboot e como historia orixinal do personaxe. Emma Stone interpreta o papel principal, xunto con Emma Thompson, Joel Fry, Paul Walter Hauser, Emily Beecham, Kirby Howell-Baptiste e Mark Strong nos papeis secundarios. Ambientado en Londres durante o movemento punk rock da década de 1970, o filme conta a historia de Estella Miller, unha aspirante a deseñadora de moda, e explora a súa transformación ata convertese na famosa deseñadora Cruella de Vil.

Personaxes Emma Stone como Estella Miller / Cruella de Vil Billie Gadsdon como Estella con 5 anos Tipper Seifert-Cleveland como Estella con 12 anos Emma Thompson como Baronesa von Hellman Joel Fry como Jasper Badun Ziggy Gardner como Jasper de neno Paul Walter Hauser como Horace Badun Joseph MacDonald como Horace de neno Emily Beecham como Catherine Miller Kirby Howell-Baptiste como Anita "Tattletale" Darling

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Craig Gillespie Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de Shepperton Studios Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América