Manuel López Mosquera, nado en Arca (O Pino) cara a 1881 e finado en Guadalaxara (México) o 11 de novembro de 1966, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel López Vigo. Foi nomeado secretario do xulgado municipal do Pino en 1908,La Voz de Galicia, 30-8-1908, p. 3. e renunciou ao cargo en 1910.La Correspondencia Gallega, 21-4-1910, p. 3. En 1912 presentou unha denuncia ante o fiscal da Audiencia provincial polo abandono e pésimo estado do xulgado do Pino.La Correspondencia Gallega, 25-1-1912, p. 2. Na ditadura de Primo de Rivera foi cabo do Somatén do partido de Arzúa,La Voz de Galicia, 18-7-1926, p. 2. e foi nomeado recadador de cédulas persoais do partido de Arzúa en outubro de 1926.La Voz de Galicia, 16-10-1926, p. 5. En marzo de 1930 foi nomeado xuíz municipal do Pino.La Voz de Galicia, 9-3-1930, p. 5. Na República foi un dos dirixentes do Partido Republicano Radical da provincia da Coruña.La Voz de la Verdad, 2-1-1933, p. 8. Foi nomeado xuíz municipal do Concello de Serantes en setembro de 1931,El Pueblo Gallego, 3-9-1931, p. 10 pasando ao pouco tempo a ser xuíz municipal do Pino.BOP da Coruña, 15-12-1931, p. 6. Volveu ser nomeado xuíz municipal do Pino en agosto de 1934,El Eco de Santiago, 23-8-1934, p. 1. permanecendo no cargo ata 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 instalouse en Lugo, onde tivo contacto con Ánxel Fole.Carta de Fole a Seoane. 1953. Pasou a territorio leal e foi nomeado fiscal e destinado como fiscal interino á Audiencia de Barcelona en setembro de 1938.Gaceta de la República, 7-9-1938, p. 1108 En 1937 o Xulgado de Santiago de Compostela abriulle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado en 1940 a seis anos de inhabilitación.BOE, 15-7-1940, p. 3320BOE, 5-1-1941, p. 81 Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de refuxiados Centre d´Hebergement de Montolieu, onde se encontraba en agosto de 1939. Exiliouse en México, instalándose en Durango. Solicitoulle axuda á Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles para levar a México a súa filla que quedara en Galicia; a JARE acordou o 5 de febreiro de 1941 xirarlle 75 dólares para sufragar a viaxe.Libro de Actas de la Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles. Libros III y IV. (1941-1942)
Vida persoal
Casou en Ponteceso con Laura Hermida Sangermán, filla de Juan Hermida Ros e María Sangermán Montero, en 1906.El Correo de Galicia, 26-3-1906, p. 2. Laura finou ao ano seguinte,La Voz de Galicia, 24-3-1907, p. 5. e Manuel casou coa súa cuñada María Hermida Sangermán. Foi pai de Laura López Hermida. A súa irmá María López Mosquera foi a nai de Luís Seoane.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados no Pino Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1966