Froyla Tzalam, nada en San Antonio, Distrito de Toledo, é unha antropóloga e líder comunitaria belizense, da etnia mopán, gobernadora xeral de Belize dende o 27 de maio de 2021.

Traxectoria Naceu en San Antonio, Toledo. Estudou antropoloxía na Universidade Trinity de Texas e realizou un mestrado en desenvolvemento rural na Universidade de Sussex. Foi directora executiva do Sarstoon Temash Institute for Indigenous Management (SATIIM). Tzalam foi preseleccionada para un nomeamento ao Senado de Belize en xaneiro de 2017, pero rexeitou o nomeamento para centrarse no seu traballo no SATIIM.

O 22 de abril de 2021 o primeiro ministro de Belize, Johnny Briceño, nomeouna Gobernadora Xeral de Belize trala retirada de Colville Young. É a terceira gobernadora xeral e a segunda muller designada para o posto, así como a primeira gobernadora xeral indíxena americana da Commonwealth.

Notas

Categoría:Nados en Belize Categoría:Nados no século XX Categoría:Gobernadores Xerais de Belize Categoría:Indixenistas de América