Devonte' Terrell Graham, nado o 22 de febreiro de 1995 en Raleigh, Carolina do Norte, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Graham foi escollido na 34ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Atlanta Hawks, e foi traspasado ós Charlotte Hornets a cambio de dúas eleccións da segunda rolda do Draft. Graham debutou na NBA o 22 de outubro de 2018 contra os Toronto Raptors.
O 7 de agosto de 2021, Graham foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Memphis Grizzlies.
O 9 de febreiro de 2023, os Pelicans traspasaron a Graham ós San Antonio Spurs a cambio de Josh Richardson. Graham debutou cos Spurs o día seguinte, facendo 31 puntos na derrota dos Spurs por 138–131 contra os Detroit Pistons. Os 31 puntos de Graham foron a maior anotación feita nun debut na historia dos Spurs.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Raleigh, Carolina do Norte Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs