Leroy Jevon Carter, nado o 14 de setembro de 1995 en Oak Park, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Carter foi escollido na 32ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Memphis Grizzlies. O 12 de xullo de 2018, Carter asinou o seu contrato de rookie cos Grizzlies. Durante a súa primeira tempada na NBA, Carter foi asignado en varias ocasións ós Memphis Hustle, afiliado dos Grizzlies na NBA G League.

O 7 de xullo de 2019, Carter foi traspasado xunto a Kyle Korver ós Phoenix Suns, a cambio de Josh Jackson, De'Anthony Melton, unha elección da segunda rolda do Draft de 2020, e outra da segunda rolda de 2021. Cos Suns, Carter chegou ás Finais da NBA de 2021, pero perderon en seis partidos contra os Milwaukee Bucks.

O 6 de agosto de 2021, Carter foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Day'Ron Sharpe ós Brooklyn Nets, a cambio de Landry Shamet. O 22 de febreiro de 2022, Carter foi cortado polos Nets.

O 24 de febreiro de 2022, Carter asinou cos Milwaukee Bucks. O 6 de xullo de 2022, Carter asinou un novo contrato cos Bucks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Oak Park, Illinois‎ Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls