A Liga Xuvenil da UEFA é unha competición anual de clubs de fútbol organizada pola UEFA dende 2013. No seu formato actual, dispútana os equipos xuvenís dos clubs que compiten na fase de grupos da Liga de Campións da UEFA, ademais dos campións das ligas xuvenís das 32 federacións nacionais con mellor coeficiente UEFA.

As semifinais e as finais disputánse no estadio Colovray de Nyon, Suíza. Os gañadores reciben o Trofeo Lennart Johansson, chamado así en homenaxe ao expresidente da UEFA.

Os equipos máis laureados son o FC Barcelona e o Chelsea, con dous títulos cada un. O Chelsea foi o primeiro equipo en gañar dous títulos consecutivos en 2015 e 2016, mentres que o Barcelona saíu vencedor na tempada inaugural da competición e conseguiu o seu segundo trofeo en 2018. O campión actual é o Real Madrid.

Historia En maio de 2010 a UEFA organizou un partido, coñecido como o "Desafío UEFA sub-18", entre os equipos sub-18 do Bayern de Múnic e do Inter de Milán, tres días antes da final da Liga de Campións entre os respectivos primeiros equipos dos dous clubs. O Inter gañou o encontro por 2-0 con dous goles de Denis Alibec. O partido serviu de inspiración para a Liga Xuvenil da UEFA.

Finalmente na tempada 2013/14 organizouse a primeira edición da Liga Xuvenil da UEFA. Os equipos xogaron unha fase de grupos coa mesma composición e calendario que a fase de grupos da Liga de Campións 2013-14. Os dous primeiros clasificados de cada grupo participaron logo na fase eliminatoria. A diferenza da Liga de Campións, a fase de eliminatorias foi a partido único, disputándose as semifinais e a final en campo neutral, en Nyon.

En abril de 2014, o FC Barcelona converteuse no primeiro campión, derrotando na final ao Benfica por 3-0.

Despois dun período de proba de dous anos, a Liga Xuvenil da UEFA converteuse nunha competición permanente da UEFA a partir da tempada 2015-16, expandíndose o torneo de 32 a 64 equipos para dar entrada aos campións nacionais xuvenís das 32 mellores federacións segundo o seu coeficiente UEFA. Os 32 equipos xuvenís dos clubs da fase de grupos da Liga de Campións conservan o formato da fase de grupos, pero clasificándose para oitavos de final só o primeiro de cada grupo, mentres que os segundos clasificados deben xogar uns play-offs. Os 32 campións nacionais disputan dúas roldas eliminatorias a ida de volta, e os oito vencedores pasan ao play-offs, onde xogan un único partido na casa contra os segundos clasificados dos grupos. A partir dos oitavos de final mantense o mesmo formato de eliminatorias a partido único.

O Chelsea converteuse no primeiro equipo en repetir título, ao gañar as edicións 2014/15 e 2015/16. Na edición 2016/17 proclamouse campión o Red Bull Salzburgo austríaco, un ano antes de que o Barcelona gañase fronte ao Chelsea o seu segundo título. O Chelsea repetiu subcampionato na edición 2018/19, onde perdeu na final contra o Porto, mentres que ao ano seguinte o vencedor foi o Real Madrid. O equipo branco gañou o título contra o Benfica nunha final que se adiou dende abril ata agosto, por mor da pandemia de COVID-19, mesmo motivo polo que a competición non se celebrou na tempada 2020/21.

Finais

Todas as semifinais e finais ata a data disputáronse no estadio Colovray de Nyon.

TempadaCampiónFinal Subcampión Semifinalistas 2013-14 Barcelona 3-0 Benfica Real Madrid Schalke 04 2014-15 Chelsea 3-2 Shakhtar Donetsk Anderlecht Roma 2015-16 Chelsea 2-1 París Saint-Germain Anderlecht Real Madrid 2016-17 Red Bull Salzburgo 2-1 Benfica Barcelona Real Madrid 2017-18 Barcelona 3-0 Chelsea Manchester City Porto 2018-19 Porto 3-1 Chelsea Barcelona 1899 Hoffenheim 2019-20 Real Madrid 3-2 Benfica Ajax Red Bull Salzburgo 2020–21 Cancelado debido á pandemia de COVID-19 2021-22 Disputándose

Palmarés

Por club

Club Títulos Subcampionatos Edicións gañadas Anos subcampión Chelsea 2 2 2015, 2016 2018, 2019 Barcelona 2 0 2014, 2018 - Red Bull Salzburgo 1 0 2017 - Porto 1 0 2019 - Real Madrid 1 0 2020 - Benfica 0 3 - 2014, 2017, 2020 Shakhtar Donetsk 0 1 - 2015 París Saint-Germain 0 1 - 2016

Por países

País Títulos Subcampionatos Edicións gañadas Anos subcampión 3 0 2014, 2018, 2020 - 2 2 2015, 2016 2018, 2019 1 3 2019 2014, 2017, 2020 1 0 2017 - 0 1 - 2015 0 1 - 2016

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial no sitio web da UEFA .

Categoría:Competicións de clubs da UEFA Categoría:Liga de Campións da UEFA Categoría:Fútbol base