Matilde Huici Navaz, nada en Pamplona o 3 de agosto de 1890 e finada en Santiago de Chile o 13 de abril de 1965, foi unha mestra, avogada, pedagoga e sufraxista española. Colaborou con María de Maeztu na organización da Residencia de SeñoritasLa Residencia de Señoritas (1915-1936). Una apuesta de futuro. CSIC, 2016 e o Lyceum Club Femenino. Xunto con Victoria Kent e Clara Campoamor, fundou a Asociación Española de Mujeres Universitarias en 1928 e foi delegada de España na Comisión Consultiva de Cuestións Sociais e Humanitarias da Sociedade de Nacións.Ficha del estudio de Ángel García-Sanz Marcotegui en el portal de la Universidad de Navarra. Consultado en decembro de 2014
En Chile, país no que se exiliou en 1940, creou en 1944 a Escuela Educadora de Párvulos da Universidade de Chile e desenvolveu unha intensa actividade pedagóxica. Faleceu na capital chilena o 13 de abril de 1965 aos 74 anos.Zambrana Moral, P.: "El Feminismo y el elemento femenino en el pensamiento del jurista Ángel Ossorio y Gallardo (1873-1946)". Contribuciones a las Ciencias Sociales, julio 2009. Consultado en decembro de 2014
Traxectoria Matilde, a terceira do catro fillos de Ascensión e Juan, medrou nun fogar liberal de ideoloxía republicana e economicamente próspero. Con 17 anos conseguiu en Bilbao o título de Mestra de Primeiro Ensino Superior. En 1909 obtivo praza no Grupo Escolar do barrio de Ategorrieta de Donostia, do que sería nomeada directora dous anos despois.
En 1916 ingresou na Residencia de Señoritas en Madrid. Entre outras materias, formouse en inglés, francés e taquigrafía. Tres anos máis tarde titulouse na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio e comezou estudos de Dereito.La Residencia de Señoritas (1915-1936). Una apuesta de futuro. CSIC, 2016 En 1922 foi nomeada inspectora de Primeiro Ensino en Santa Cruz de Tenerife e o ano seguinte obtivo unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios (JAE) no College de Middlebury (Vermont, EUA). Alí impartiu clases de español desde setembro de 1923.
A súa excedencia no posto de inspectora permitiulle finalizar os estudos de Dereito en 1926. Nas estadías en Chicago e Nova York coñeceu e estudou o funcionamento do Tribunal de Menores desas cidades. Ao seu regreso a España, en 1925, ingresou na Real Academia de la Jurisprudencia.
Continuou a exercer a súa profesión e a dar aulas na Residencia de Señoritas. De xeito paralelo, participou no Tribunal de Menores de Madrid (1927), así como no debate público e político para a reforma da Xustiza respecto á situación da muller.Nese ano, con 36 anos, Matilde uniuse a Luis San Martín. Este quedara viúvo e cun fillo, quen, ao ser adoptado por Matilde, pasará a chamarse Luis San Martín Huici. Máis adiante, Luis achegaría unha interesante documentación biográfica sobre Matilde no entorno familiar.
Por outra banda, promove a creación da Juventud Universitaria Femenina (JUF), logo coñecida como Asociación Española de Mujeres Universitarias (AEMU), integrada na International Federation University of Women. En 1928 formou parte do equipo que promoveu a errada Agrupación Liberal Socialista e en 1931 afiliouse ao PSOE.
Tras a proclamación da Segunda República Española, Matilde Huici ingresou na Subcomisión de Dereito Penal da Comisión Xurídica Asesora do Ministerio de Xustiza. Tamén lle foi encomendada a inspección dos Tribunais Tutelares de Menores do Estado, dentro do Consello Superior da Protección da Infancia. Formou parte da Subcomisión penal da Comisión Xurídica Asesora, participou na redacción do Código Penal en 1932 e impulsou a creación do Centro de Estudios Penales. Neste centro, en que o seu esposo era xuíz, coincidiu de novo con Victoria Kent e Clara Campoamor. Neste campo tamén destacaría o seu labor como vogal na Asociación Auxiliar del Niño, da que foi presidente Ángel Ossorio y Gallardo.
En 1933 visitou a Unión Soviética para estudar as súas políticas sobre a infancia. En 1935 foi nomeada delegada de España na Comisión de Protección á Infancia e á Mocidade, con sede en Xenebra.
No eido do xornalismo, colaborou entre 1935 e 1938 en publicacións como o semanario Democracia, dirixido por Andrés Saborit, en El Socialista e na revista Mujeres do Comité de Mulleres contra a Guerra e o Fascismo. Amais, escribiu "La reacción, el cura y la mujer" no xornal El Sol o 3 de outubro de 1931. Neste artigo expuxo os seus argumentos a favor do sufraxio feminino.
Co triunfo da Fronte Popular, Matilde Huici propuxo "a substitución dos relixiosos por mestres" coa creación dun Instituto de Investigación Psicolóxica do Menor "para a formación de educadores especializados". Un dos obxectivos era secularizar a educación e protexer a infancia «á marxe da estrutura relixiosa dominante». Ademais, formou parte do Comité Nacional da Asociación de Mulleres Antifascistas.
No decurso da Guerra civil española seguiu ao goberno republicano, primeiro a Valencia o 11 de marzo de 1937 e logo a Barcelona. Cruzou a fronteira a Francia nos primeiros meses de 1939 e colaborou no Comité de Axuda aos Refuxiados desde París e Xenebra.
Chegou a Chile o 14 de maio de 1940 a bordo do transatlántico Orduña. Non lle foi recoñecida a súa titulación de Dereito, polo que traballou como tradutoraEn concreto como tradutora de francés para a editorial Espasa Calpe.. Deseñou e organizou a Escuela Educadora de Párvulos da Universidade de Chile, que dirixiu desde a súa creación en 1944 até 1962. Durante ese período de docente, foi nomeada directora do Directorio Cultural Chileno-Español en 1947.
Homenaxes En marzo de 1933, o Preventorio Feminino de Vigo, o primeiro que funcionou en España, foi bautizado co seu nome.
A finais do século XX inaugurouse en Peñalolén, na Rexión Metropolitana de Santiago de Chile, a Escuela Matilde Huici.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Pensionados da JAE Categoría:Institución Libre de Enseñanza Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1965