Ronnie Lee Thompkins, nado o 28 de setembro de 1967 en Jackson (Míchigan) e finado o 12 de setembro de 2003 en accidente de tráfico, foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,02 metros de altura, xogaba na posición de pivote.

Traxectoria Formado en Fort Hayes State e Eastern Michigan, Thompkins xogou durante toda a súa carreira en diferentes equipos de todo o planeta. Chegou a xogar na Liga ACB da man do Breogán de Lugo. Con todo, a súa experiencia na categoría reduciuse a tan só seis partidos, sendo despedido despois dun incidente en Málaga. O xogador, despois dun encontro ante o Unicaja, acompañado dos seus compañeiros Cedric Glover e Tharon Mayes e con síntomas de embriaguez, negouse a pagar a factura dos seus gastos no hotel. Tras unha discusión cun empregado do estabelecemento hoteleiro, o pivote propinoulle unha puñada e empurrou, que acabou co home no chan. Thompkins colleu despois unha pedra para continuar coa agresión, mais foi detido polos seus compeñeiros. O empregado declarou que de non ser por Glover e Mayes, Thompkins teríao matado. O contrato do xogador foi rescindido inmediatamente. Tras xogar noutros moitos países, chegou a ser suspendido por consumo de substancias ilegais. En 2003 faleceu por un accidente de tráfico, aínda que tamén hai quen sostén que foi atopado morto nun hotel por sobredose.

Clubs Mid-Michigan Great Lakers (GBA, 1991−1992) Avignon Basket-Ball (Pro B, 1992) ALM Évreux (Pro B, 1992−1993) Grand Rapids Hoops (CBA, 1993) ASA Sceaux (Pro A, 1993−1994) Leopardos Bucaramanga (Colombia, 1994) Breogán Lugo (ACB, 1994−1995) Ampelokipoi (A1, 1995−1996) Racing Paris (Pro A, 1996) Panteras de Miranda (Venezuela, 1996) Racing Club Avellaneda (Arxentina, 1996−1997) Zagłębie Sosnowiec (PLK, 1997−1999) Komfort Forbo Stargard Szczec (PLK, 1999−2000)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en basketball-reference.com

Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do ALM Évreux Basket‎ Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Paris Basket Racing‎ Categoría:Nados en 1967 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados no condado de Jackson, Míchigan‎