María Paz Ferreyra, nada en Buenos Aires o 1 de abril de 1976, máis coñecida como Miss Bolivia, é unha cantante, compositora, psicóloga, produtora e DJ arxentina. Fusiona estilos como a cumbia, o hip hop, o dance, a cumbia villera ou o reggae. As súas letras están baseadas, polo xeral, na protesta.
Traxectoria Antes de dedicarse por completo á música, estudou psicoloxía na Universidade de Buenos Aires (UBA). Malia a súa situación económica, abandonou a súa profesión e dedicouse a escribir cancións.Miss Bolivia, revolución de la canción Consultado o 26 de agosto de 2015 O seu alcume, "Miss Bolivia", alude á rúa en que vivía desde moi nova, no barrio bonaerense de Villa del Parque.La 'otra' Miss Bolivia Consultado o 26 de agosto de 2015
Carreira miniatura|Miss Bolivia en marzo de 2020 en Villa Martenilli Ferreyra comezou a súa carreira artística a comezos do 2008. En 2011, despois de lanzar un EP "pirata", editou o seu primeiro material de estudo, Alhaja, e deu concertos en toda a Arxentina, e tamén en América Latina e Europa.Biografía de Miss Bolivia Consultado o 26 de agosto de 2015 Deste material destacan os éxitos «Jalame la tanga» e «Alta yama».
En outubro do 2013 publica a segunda produción discográfica, Miau, con doce cancións, editada por Sony Music. Este disco contén o tema «Tomate el palo», a dúo co cantautor Leo García, que rapidamente se converteu nun éxito de vendas. Tamén participan neste álbum Mimi Maura, Pocho La Pantera, e Shazalakazoo.Biografía de Miss Bolivia Consultado o 26 de agosto de 2015
Durante 2014 dá concertos na Arxentina, amais de visitar o Uruguai, o Brasil e México.Entrevista a Miss Bolivia: "Me inspiro de todos lados, incluso del vendedor del subte" Consultado o 26 de agosto de 2015 Tamén tiveron éxito os temas «Tan distintos», «Menea» e «Bien warrior». Ademais inclúe o éxito «Rap para las Madres», parte da banda sonora da película de 2015 Focus, con Will Smith.
En 2017, Miss Bolivia lanza a súa nova produción, Pantera, con 12 novas cancións e unha versión de Gente Que No de Todos Tus Muertos. Participan neste álbum Liliana Herrero, Ale Sergi, Hugo Lobo, Andrea Alvarez, Lito Vitale e Matando viejas con un fierro. Durante todo ese ano, a cantante percorre Arxentina, Uruguai, Brasil e México. Deste álbum destacan as cancións Paren de Matarnos, utilizado polos colectivos feministas, e Haciendo Lio, dedicada ao futbolista Lionel Messi. Contén o éxito «María María», o tema principal da telenovela La Leona que emitiu Telefe.
Actuou nos escenarios musicais de máis sona da Arxentina, como o Estadio Luna Park, Niceto Club, Ciudad Cultural Konex e o CC Recoleta. Participou en festivais como o Quilmes Rock, Ciudad Emergente, Urban Music Fest, BAFICI e Trimarchi DG. En 2015 formou parte da edición arxentina do Lollapalooza.
Discografía
2011: Alhaja 2013: Miau 2017: Pantera
Vida persoal e activismo Ferreyra é abertamente bisexual e está fortemente vencellada ao activismo polos Dereitos humanos. Tamén defende a legalización da marihuana e o aborto, así como a loita a prol do pobo mapuche, co fin de recuperar os seus territorios orixinarios.Varios ovarios: Entrevista a Miss Bolivia Consultado o 26 de agosto de 2015
Postura sobre a legalización do aborto O 31 de maio de 2018 asistiu á décimo quinta xornada de debate pola legalización do aborto na Arxentina, no 15º plenario de comisións do Congreso da Nación. Miss Bolivia, defensora da legalización do aborto, declarou que ela abortou en 1996 porque “tiña recursos económicos”, e considerou “un privilexio de clase” o que denominou “un aborto exprés no barrio de Flores”. Mencionou que, posteriormente, cargou, erradamente, coa “mochila da culpa”, xurdida da clandestinidade e da “mitoloxía relixiosa de corte patriarcal”.
Notas
Categoría:Activistas polos dereitos humanos da Arxentina Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Cantantes da Arxentina Categoría:DJs Categoría:Activistas LGTB