Bernardo Bango Gómez, nado en Toxosoutos (Lousame) en 1870, foi un anarquista galego.

Traxectoria A finais do século XIX emigrou a Buenos Aires onde comezou unha vida de bohemia e actividades delituosas ata que tomou contacto coas ideas anarquistas e comezou unha nova etapa como militante social.Criminalogía Moderna, xaneiro e febreiro de 1900. Foi expulsado da Arxentina pola súa militancia anarquista arribando a Coruña en marzo de 1902.La Voz de Galicia, 1-4-1902, p. 1. Foi procesado na Coruña por non descubrirse diante dunha procesión. De 1905 a 1910 residiu en México traballando como profesor. Colaborou desde México no periódico anarquista cubano ¡Tierra! en 1910.¡Tierra!, 30-7-1910, p. 3-4. En 1914 residía no Brasil, en contacto co movemento anarquista internacional.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Breve historia da coluna Sanfins

Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Galegos de México

Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados en Lousame

Categoría:Nados en 1870