A selección de crícket da India, tamén coñecida como Team India (do inglés: Equipo India) ou Men in Blue (Homes de Azul), é o equipo representativo da India nas competicións internacionais de crícket. Está dirixida polo Board of Control for Cricket in India (BCCI) e é membro de pleno dereito (full member) do International Cricket Council (ICC) con status de Test, One Day International (ODI) e Twenty20 International (T20I).

O crícket foi introducido na India polos mariñeiros británicos no século XVIII, sendo o primeiro club do país fundado no ano 1792. Con todo, a selección nacional india non xogaría o seu primeiro Test match até o 25 de xuño de 1932, nun xogo disputado no Lord's londiniense. Converteríanse así no sexto equipo en conseguir o status de equipo de Test. Desde ese ano 1932, a India tivo que agardar até 1952, case 20 anos, para acadar primeira vitoria nun encontro de Test. Nos seus primeiros cincuenta anos como equipo internacional de crícket, a India non obtivo moito éxito, gañando só 35 dos primeiros 196 test que xogou. Porén, o equipo gañou forza na década de 1970 coa aparición de xogadores como Gavaskar, Viswanath, Kapil Dev, Prasanna, Venkataraghavan, Chandrasekhar ou Singh Bedi.

Tradicionalmente moito máis forte en casa que fóra, o equipo indio mellorou a súa forma no estranxeiro, especialmente no crícket de overs limitados, desde principios do século XXI, gañando Test matches en Australia, Inglaterra e Suráfrica. Foi o segundo equipo de crícket en gañar a Copa do Mundo, despois das Indias Occidentais, en 1983, repetindo título en 2011 baixo a capitanía de Mahendra Singh Dhoni. Despois de gañar a Copa do Mundo de 2011, India converteuse no terceiro equipo despois das e en gañar a Copa do Mundo máis dunha vez, e o primeiro equipo de crícket en gañar a Copa do Mundo en casa. O equipo de crícket da India garda rivalidade con outras seleccións, principalmente con , arquirrival político da India, e con . Con todo, nos últimos tempos, están gañando protagonismo rivalidades con nacións como e .

Historia Orixes Os británicos levaron o crícket á India a principios de 1700, sendo o primeiro partido de crícket xogado en 1721. En 1848, a comunidade parsi de Bombai fundou o Oriental Cricket Club, o primeiro club de crícket estabelecido por nativos do lugar. A pesar disto, os británicos non os convidaron a xogar contra eles até moitos anos despois, en 1877. A comezos do século XX, en 1912, comezouse a disputar un torneo cuadrangular entre parsis, sikhs, hindús, musulmáns e europeos. Nestes primeiros anos de século, algúns indios comezaron a xogar para a selección de , sendo algúns deles, como Ranjitsinhji ou Duleepsinhji, moi apreciados polos británicos. En 1911 un equipo de indios fixo o seu primeiro tour polas Illas Británicas. Porén, xogaron tan só contra equipos condais e non contra a propia selección inglesa.

Status de Test match esquerda|thumb|Lala Amarnath en Lord's en 1936. A India foi convidada á Imperial Cricket Conference en 1926, e fixo o seu debut como nación de test match en Inglaterra en 1932. O equipo estaba liderado por CK Nayudu, quen estaba considerado o mellor bateador indio nese momento. O único encontro de test disputado entre as seleccións de e a India xogouse no Lord's de Londres. Naquela altura o equipo indio non destacaba polo seu bateo e acabou por perder por 158 carreiras. Ao ano seguinte a India acolleu os seus dous primeiros test match como local. O rival foi, de novo, Inglaterra nuns encontros disputados en Bombai e Calcuta. Ao igual que no primeiro enfrontamento, a vitoria foi para os ingleses en ambos os xogos. O equipo indio continuou mellorando durante as décadas de 1930 e 1940, aínda que sen conseguir ningunha vitoria internacional durante o período. A comezos da década de 1940, a India non xogou ningún test de crícket debido á segunda guerra mundial. A primeira serie do equipo como país independente foi a finais de 1947 contra os Invencíbeis de Sir Don Bradman (nome dado á selección de Australia da época). Esta serie, celebrada no país austral, foi tamén a primeira onde o rival non foi Inglaterra. Australia gañou a serie de cinco partidos por 4-0, con Bradman atormentando aos lanzadores indios. A súa primeira serie de test en casa contra un equipo distinto de Inglaterra chegou en 1948 cando se enfrontaron á selección das Indias Occidentais. A serie saldouse con derrota para os locais por 1−0.

A primeira vitoria da India nun test match chegaría até o 24 de marzo de 1952 contra Inglaterra en Madras. Ese mesmo ano, conseguirían gañar a súa primeira serie, sendo o rival a selección de Paquistán. O combinado continuou mellorando durante a década de 1950, gañando unha nova serie en 1956, neste caso ante . Con todo, o equipo non consegue ningunha outra vitoria no resto da década, perdendo antes as potentes Australia e Inglaterra. Durante a seguinte década, a India gañou fama como equipo forte na casa. En 1961−62 gañaron a súa primeira serie de Test contra Inglaterra en casa, así como outra contra Nova Zelandia. Tamén lograron empatar en casa contra Paquistán e Australia e outra contra Inglaterra. Neste mesmo período, a India tamén gañou a súa primeira serie fóra do subcontinente, concretamente contra Nova Zelandia en 1967−68.

A chave do bowling da India na década de 1970 foi o Indian spin quartet, un grupo de catro xogadores formados por Bishen Bedi, E.A.S. Prasanna, BS Chandrasekhar e Srinivas Venkataraghavan. Este período tamén viu a aparición de dous dos mellores bateadores da historia da India, Sunil Gavaskar e Gundappa Viswanath. Os lanzamentos indios tiñan a tendencia de usar efectos, e o Indian spin quartet aproveitou isto para crear colapsos nas aliñacións de bateo rivais. Estes xogadores, baixo a capitanía de Ajit Wadekar, foron responsables das vitorias consecutivas nas series de 1971 nas Indias Occidentais e en Inglaterra.

Éxito na Copa do Mundo A chegada dun novo formado de crícket en 1971, o One Day International (ODI), creou unha nova dimensión no mundo deste deporte. A India non se consideraba naquela altura un combinado forte no novo formato, con bateadores como o capitán Gavaskar coñecidos polo seu enfoque defensivo ao bateo. A India comezou como un equipo débil en ODI e non se clasificou para a segunda rolda nas dúas primeiras edicións da Copa do Mundo de Crícket. Pola contra, en encontros de Test, o combinado indio presentaba equipos destacados, sendo particularmente fortes na casa. De feito, batiron un récord da épica no terceiro Test contra as xogado en Porto de España cando conseguiron 403 carreiras para gañar, 112 delas de Viswanath. En novembro de 1976, o equipo estableceu outro récord ao anotar 524 por 9 declarados contra Nova Zelandia en Kanpur sen que ningún bateador individual anotase un century (100 carreiras).

Durante a década de 1980, a India desenvolveu unha aliñación de bateo cunha mentalidade máis ofensiva con bateadores como Mohammed Azharuddin, Dilip Vengsarkar e os todoterreos Kapil Dev e Ravi Shastri. India gañou a Copa do Mundo de Crícket en 1983, derrotando aos favoritos e campións nas dúas edicións anteriores, as Indias Occidentais. A pesar disto, o equipo fixo un mal papel nos Test, incluíndo 28 xogos consecutivos sen conseguir unha vitoria. En 1984 a India gañou a Copa de Asia e, en 1985, gañou a primeira e última edición do World Championship of Cricket en Australia. Á parte disto, a India seguiu sendo un equipo débil fóra do subcontinente indio. A vitoria da serie de Test de 1986 contra Inglaterra seguiu sendo a última vitoria fóra do país durante os seguintes 19 anos.

Finais do século XX thumb|Sachin Tendulkar cun compeñeiro. A incorporación de Sachin Tendulkar e Anil Kumble á selección nacional en 1989 e 1990 mellorou aínda máis ao equipo. Ao ano seguinte incorporouse Javagal Srinath, o bowler co lanzamento máis rápido da India desde que Amar Singh fixo o seu debut. A pesar disto, durante a década de 1990, a India non gañou ningún dos 33 Test fóra do subcontinente, mentres que na casa gañou 17 de 30. Despois de ser eliminados polos seus veciños de na semifinal da Copa do Mundo de Crícket de 1996, celebrada na propia India, o equipo sufriu un serie de cambios, entre os que destacan a chegada de Sourav Ganguly e Rahul Dravid, nun futuro capitáns do equipo. A finais de 1996 Tendulkar substituíu a Azharuddin como capitán, mais despois dunha mala xeira de resultados, tanto a nivel individual como colectivo, renunciou á capitanía e Azharuddin foi reinstalado a principios de 1998. Unha vez eliminada a carga da capitanía, Tendulkar foi o máximo anotador de carreiras do mundo tanto en Test como en ODI. De feito, a India conseguiu gañar nunha serie de Test á selección de Australia, naquela altura o mellor equipo do mundo.

Despois de non poder acadar ás semifinais na Copa do Mundo de Crícket de 1999, Tendulkar foi nomeado novamente capitán. Porén, tivo outra mala xeira de resultados, perdendo 3-0 nunha xira por Australia e despois 2-0 en casa ante . Tendulkar dimitiu e xurou non volver ser capitán do equipo nunca máis, sendo nomeado Ganguly o seu substituto. A comezos de 2000 o equipo sufriu un grave dano cando o ex capitán Azharuddin e o seu compañeiro de bateador Ajay Jadeja víronse implicados nun escándalo de arranxo de partidos. En consecuencia impúxoselles unha suspensión de por vida e de cinco anos respectivamente. Este período foi descrito pola BBC como "o peor momento do cricket indio". Con todo, o novo núcleo formado por Tendulkar, Dravid, Kumble e Ganguly, xurou non deixar que isto lles volvese a suceder e sacar ao crícket indio de tempos escuros. Así, os tres primeiros deixaron de lado as súas ambicións persoais, permitindo que Ganguly os conducise a unha nova era.

Éxito con Ganguly e Dhoni thumb|Dhoni en 2010. O equipo indio experimentou importantes melloras baixo a capitanía de Sourav Ganguly e a dirección de John Wright, o primeiro adestrador estranxeiro da India. A India mantivo o seu récord de imbatibilidade na casa contra após a serie de Test de 2001. A vitoria en 2001 contra os australianos marcou o comezo dunha lembrada xeira de bos resultados con vitorias en Test en , en , nas e en . No mesmo ano, a India foi compartiu o título de campioa do Champions Trophy da ICC xunto con Sri Lanka e subcampioa da Copa do Mundo de Crícket 2003 en Suráfrica tras seren derrotados na final por Australia. Na temporada 2003−04 a India conseguiu empatar unha serie de Test en Australia por 1−1 contra os campións do mundo, así como gañar outra en .

A partir da temporada de 2004, a India comezou a notar a baixada do estado físico dos seus xogadores máis veteranos. Unha derrota nunha serie de Test na casa ante Australia foi seguida por unha derrota nunha serie ODI en casa contra Paquistán. Greg Chappell substituíu a John Wright como adestrador do equipo despois da serie, mais os seus métodos resultaron controvertidos e levárono a unha pelexa contra Ganguly, o que provocou que Rahul Dravid fose nomeado capitán. Isto provocou o rexurdir do equipo coa aparición de xogadores como MS Dhoni e Suresh Raina e a maioría de idade de Irfan Pathan e Yuvraj Singh. Unha contundente vitoria na serie en casa sobre Sri Lanka en 2005 e unha serie empatada con Suráfrica colocaron a India no segundo lugar da clasificación ICC de ODI. Unha convincente vitoria na serie ODI en Paquistán a principios de 2006, logo dunha derrota na serie de Test, deulle a India o récord mundial de 17 vitorias consecutivas en ODI bateando segundo. Con todo, unha derrota da serie 4-1 nas Indias Occidentais en 2006 provocou unha caída na forma de ODI da India.