Alejandrino Fernández Barreiro, nado en Leiro o 1 de xuño de 1943 e finado na Coruña o 14 de outubro de 2014, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Licenciouse en Dereito na USC (1966) e doutorouse na Universidade de Navarra (1968) cunha tese sobre La previa información del adversario en el proceso privado romano, dirixida por Álvaro D'Ors. Seguiu formándose na Sorbona de París canda a Jean Gaudemet. Despois traballou en Roma xunto a Giovanni Pugliese.
Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, na UNED e na Universidade de Granada. En 1974 obtivo a Cátedra de Dereito romano da USC. En 1989, trala creación da Universidade da Coruña, pasou a ser catedrático de dereito romano e secretario xeral da mesma, e entre 1991 e 1999 foi decano da Facultade de Dereito da Coruña. Entre 2005 e 2013 dirixiu o departamento de Dereito público.
Política Membro do Partido Demócrata Popular, partido integrado en UCD. Foi responsable do departamento de educación durante a Xunta Preautonómica co goberno de Antonio Rosón, e nomeou Ricardo Carballo Calero como presidente da comisión encargada de establecer unhas normas lingüísticas para o uso administrativo. Posteriormente, foi conselleiro de Educación e Cultura no primeiro goberno da Xunta de Galicia, o de Xosé Quiroga Suárez. Deputado no Parlamento de Galicia (1985-1989), e conselleiro de Cultura e Benestar (1986-1987) con Xerardo Fernández Albor, durante o seu mandato púxose en marcha o Centro de Coordinación Bibliotecaria de Galicia. En febreiro de 1988 pasou do Grupo Popular ao de Coalición Galega.
Obra Los estudios de Derecho romano en Francia después del Código de Napoleón (1970). Roma-Madrid. ASIN B0014P414G Historia del Derecho romano y su recepción europea (2017).(canda a Javier Paricio). Madrid: Marcial Pons. Col. Manuales universitarios. 11ª ed. ISBN 9788491233206 Fundamentos de Derecho privado romano (2016). (canda a Javier Paricio). Madrid: Marcial Pons. 9ª ed. ISBN 9788491230816
Vida persoal Estaba casado coa tamén avogada e política Lutgarda García Boente.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Alejandrino Fernández Barreiro, in memoriam: El adiós a un gran universitario / Luis Rodríguez Ennes
Ligazóns externas Curriculum
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Leiro Categoría:Finados en 2014 Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Granada Categoría:Políticos do PDP Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia