Ramón de la Fuente Galván, nado en Xinzo de Limia en 1929 e finado na mesma cidade o 31 de outubro de 2021, foi un médico, directivo deportivo e político galego.

Traxectoria Médico nos Blancos, foi elixido concelleiro en Xinzo de Limia en 1971 durante o franquismo, posto que mantivo ata as primeiras eleccións municipais democráticas, onde foi escollido tamén, pero nas listas de Alianza Popular. Despois de abandonar temporalmente a política en 1983, regresou como candidato nas listas do Partido Popular nos comicios de 1991, e revalidou o cargo en 1995.

A finais de 1997 foi inhabilitado o alcalde da vila, Isaac Vila, e De la Fuente foi elixido alcalde en xaneiro de 1998 co apoio do PSdeG-PSOE e do BNG, e en contra do que opinaba o seu propio partido. En 1999, ao ano seguinte, abandonou a alcaldía.

Foi presidente do club de fútbol local, o Antela FC, e tamén do Casino de Xinzo.

Vida persoal Casou, enviuvou e tivo fillos. Unha filla morreulle en accidente de coche.

Notas

Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia