Óscar Manuel Guzmán Álvarez, nado en Vilamarín o 7 de abril de 1970, é un xardineiro, funcionario da Deputación de Ourense e escritor galego.
Traxectoria Óscar Guzmán traballa como operario de zonas verdes para a deputación de Ourense.
Con Os segredos de Teresa (2021) inaugurou a saga do inspector Saladino Mariño que seguiu en 2024 con Pero… como morren as pegas?, acompañado polo subinspector Leopoldo Xelmírez. A acción está ambientada en Ourense.
Obra Os segredos de Teresa (2021). Noia: Toxosoutos. 235 páxs. ISBN 978-84-123922-6-5. Pero… como morren as pegas? (2024). Vigo: Galaxia. 256 páxs. ISBN 978-84-1176-248-9. Só os mortos saben a verdade (2026). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-832-4. ePub: ISBN 978-84-1110-847-8.
Vida persoal Está casado e ten dous fillos. A máis vella, Alba Guzmán, ten gañado varios premios literarios en infantil e xuvenil. Reside no barrio da Ponte (Ourense).
Premios 2023: Premio de novela Vilar Ponte por Pero… como morren as pegas?
2025: V Certame Literario de Taboadela de relato. 2025: Gañador da XXXII Edición do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey, Só os mortos saben a verdade. O xurado destacou "que se trata dunha novela de suspense moi ben enfiada cunha trama que salienta pola tensión narrativa, o ritmo áxil e o uso dun fino humor e ironía, cunha boa e traballada caracterización dos personaxes, que resultan ser moi enxeñosos, e cuns diálogos fluídos e realistas, no que nada é o que parece".
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Vilamarín