As linguas mandés son un grupo de linguas faladas en varios países do oeste de África polos pobos mandés, entre as cales se inclúen o maninka, o mandinga, o soninke, o bambara, o kpelle, o diula, o bozo, o mende, o susu e o vai. Existen arredor de "60 a 75 linguas faladas por entre 30 e 40 millóns de persoas," principalmente en Burkina Faso, Malí, o Senegal, Gambia, Guinea, Guinea-Bissau, Serra Leoa, Liberia e Costa do Marfil, así como no noroeste de Nixeria e norte de Benín.
As linguas mandés amosan semellanzas léxicas coa familia de linguas atlántico-congolesas, e as dúas están clasificadas dentro da familia níxer-congo dende a década de 1950. Porén, as linguas mandés carecen da morfoloxía de clase substantiva que é o trazo identificativo principal das linguas atlántico-congolesas. Sen a axuda desta función, unha demostración da validez do grupo níxer-Congo requirirá reconstruír tanto o protomandé como o protoníxer-congo. Ata que se faga ese traballo, os lingüistas decidiron cada vez máis tratar a familia mandé e a atlántico-congolesa como familias lingüísticas independentes.
miniatura|250px|As linguas mandés sinaladas en laranxa claro.
Notas
Categoría:Linguas níxer-congo Categoría:Familias de linguas