Os demostrativos son uns determinantes que acompañan un substantivo e que indican proximidade ou afastamento no espazo ou no tempo respecto da cousa da que fala o emisor:
Este libro Aquela meniña Ese mozo
As formas que poden tomar os determinantes demostrativos son as que amosamos no seguinte cadro:
SingularPlural Masculino Feminino Masculino Feminino Proximidade Este Esta Estes EstasDistancia MediaEseEsaEsesEsas Afastamento Aquel Aquela Aqueles Aquelas
Decatádevos que os plurais masculinos escríbense: estes, eses, aqueles (e non *estos, *esos, *aquelos)
Onde se colocan os determinantes demostrativos?
Cando acompañan a un substantivo acostuman ir diante, dado que haxa un artigo ou algún outro determinante:
Esta película é a que dicía eu O libro aquel era o que me prestara o meu irmán Qué tempos aqueles, cando todo era barato! O disco aquel xa non o volvín a ver máis
Que funcións teñen os demostrativos?
Os demostrativos que acompañan a un substantivo fan a función de determinante e, polo tanto, concordan co substantivo en xénero e número:
Aquela música Aquelas cadeiras Estes lapis
Cando os demostrativos substitúen un substantivo dicimos que fan a función de pronome:
Este é o que procurabamos Esta é a boa
Nesta función atopamos as formas neutras iso/, isto/, e aquilo/ que sempre son pronomes:
Iso non me gusta nada Aquilo que dixeches era mentira
Tende en conta que as formas neutras son invariables, isto é que non teñen feminino nin plural: Isto gústame, pero iso non
Contraccións
Os demostrativos contraen coas preposicións de e en do seguinte xeito:
este estes esta estas de deste destes desta destas en neste nesta nestes nestas
ese eses esa esas de dese deses desa desas en nese nesa neses nesas
aquel aqueles aquela aquelas de daquel daqueles daquela daquelas en naquel naqueles naquela naquelas
isto iso aquilo de disto diso daquilo en nisto niso naquilo
estoutro estoutros estoutra estoutras de destoutro destoutros destoutra destoutras en nestoutro nestoutros nestoutra nestoutras
esoutro esoutros esoutra esoutras de desoutro desoutros desoutra desoutras en nesoutro nesoutros nesoutra nesoutras
aqueloutro aqueloutros aqueloutra aqueloutras de daqueloutro daqueloutros daqueloutra daqueloutras en naqueloutro naqueloutros naqueloutra naqueloutras
Por exemplo:
Neste momento estou deitado Diso non entendo nada A roupa está colgada naqueles cordeis O rapaz traballa daquela maneira
Cómpre saber ademais que...
Aquel pode significar "encanto, atractivo... ou outras calidades que non se acertan a expresar":
Ese rapaz non é guapo, pero ten un aquel Subir ás figueiras sen que escachen as pólas ten o seu aquel
Daquela ten dous valores:
"entón, naquel tempo": daquela aínda non había televisión "por conseguinte, polo tanto": non estudias, daquela suspenderás
Nisto, niso, nestas, con estas pódense usar como locucións co significado de "entón, nese momento, de repente, inmediatamente despois":
Nisto botouse a rir Nestas entrou seu pai Con estas agarrou e marchou
As palabras aquelar ou aqueloutrar pódense empregar para nos referirmos a algo que non somos quen de expresar coas palabras precisas. Teñen o significado que nós lle queiramos dar:
Levei a moto o taller para que ma aquelaran (="amañaran") Encontreime onte co teu pai e moi aquelado (="con mala cara") Aquelouse todo porque lle dei a razón (="enfadouse")
Demostrativos galegos