A morenosita é un mineral de níquel pouco frecuente descuberto polo mineraloxista Casares en 1850 xunto coa zaratita e presentado nun traballo publicado por Martínez Alcíbar. Foi atopado por vez primeira en Teixidelo, lugar da parroquia de Régoa, concello de Cedeira, sendo un dos cinco minerais descubertos en Galiza ao longo da historia, ademais da zaratita, a cervantita e a bolivarita, descubertos tamén na metade do século XIX e a ermeloíta, descuberta na década de 2010.
Aparece en forma de eflorescencias coma produto de alteracións da millerita. O seu nome deriva do mineralista Antonio Moreno Ruiz, da Academia de Ciencias Naturais (1796-1852).
Outro nome que recibe este mineral é epimillerita.
Propiedades A morenosita é un mineral verde esmeralda ou branco verdoso de brillo vítreo que cristaliza no sistema ortorrómbico. É soluble en auga e deshidrátase ao aire libre, transformándose en retgersita (NiSO4 · 6H2O). Para evitar a perda da auga de hidratación, débese conservar nun recipiente cerrado ou en plástico.
Existe unha serie completa entre a morenosita e a epsomita (MgSO4 · 7H2O).
Morfoloxía e formación miniatura|Morenosita proveniente de Saxonia, exposta en Madrid. Aparece en forma de pequenos cristais, estalactitas ou encostramentos. Os cristais naturais presentan forma acicular e os cristais sintéticos son prismáticos.
É un mineral secundario encontrado na zona oxidada de depósitos minerais hidrotermais que conteñen níquel, formado en solución acuosa a unha temperatura inferior a 31,5 °C.
Depósitos miniatura|Morenosita de Nevada, EUA (no Museo da Terra do Canadá) Os depósitos de morenosita son bastante escasos. O tipo nomenclatural localízase no Cabo Ortegal (Galiza). Outros depósitos son os existentes na Alemaña —en Horbach (Baden-Württemberg)—, nos Montes Metalíferos (República Checa) e no Perú —en Cerro de Pasco (Departamento de Pasco)— .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de minerais Ligazóns externas Morenosite (Mindat.org) Morenosite Mineral Data (Webmineral) Handbook of Mineralogy
Categoría:Minerais