miniatura|250px|Bandeira de Moldova. O nacionalismo moldovo ou moldovenismo é un movemento político nacionalista que defende e promove a identidade moldova. Algúns dos seus defensores adscriben a súa identidade ao Principado de Moldova medieval. Outros, para explicar as diferenzas actuais entre os habitantes romanófonos das dúas ribeiras do río Prut, adscríbeno á duradeira incorporación de Besarabia no Imperio Ruso e na Unión Soviética. Os seus detractores, pola contra, afirman que os moldovos e os romaneses son un único grupo étnico e que a identidade moldova foi creada artificialmente pola Unión Soviética.

Os partidarios da identidade moldova sosteñen que o pobo de Moldova se autoidentificou historicamente como "moldovo" antes de que a noción de "romanés" se xeneralizase. A crenza de que romaneses e moldovos de Besarabia e a RSA de Moldova (MASSR) formaban dous grupos etnonacionais separados, falando linguas diferentes e posuíndo trazos históricos e culturais separados, tamén foi avalada pola Unión Soviética.Charles King, "The Moldovans: Romania, Russia, and the Politics of Culture", Hoover Press, 2000, páx. 62

Notas

Véxase tamén Bibliografía Argentina Gribincea, Mihai Grecu Moldova: Situation analysis and trend assessment commissioned by the United Nations High Commissioner for Refugees, outubro de 2004. Grenoble, Lenore A (2003) Language Policy in the Soviet Union, Springer, M. Bărbulescu, D. Deletant, K. Hitchins, S. Papacostea, P. Teodor - Istoria României. Ed. Corint, 2004,

Categoría:Nacionalismo en Moldova Categoría:Nacionalismo na Unión Soviética