A Orquestra Sinfónica de Islandia (ISO), en islandés Sinfóníuhljómsveit Íslands, é unha orquestra cuxa sede se encontra en Reikiavik, a capital de Islandia.

É unha entidade autónoma pública que funciona baixo o auspicio do Ministerio de Educación de Islandia.

Historia A Orquestra Sinfónica de Islandia fundouse oficialmente en 1950, ofrecendo o seu primeiro concerto o 9 de marzo dese ano, cun conxunto de 39 músicos. Entre 1961 e 2011 actuou no auditorio Háskólabíó. En 2011 cambiouse ao auditorio Harpa. Ofrece arredor de 60 concertos por temporada. A orquestra actuou tamén noutros países de Europa e Norteamérica.

Directores Olav Kielland (1952–1955) Karsten Andersen (1973–1980) Jean-Pierre Jacquillat (1980–1986) Petri Sakari (1988–1993) Osmo Vänskä (1993–1996) Petri Sakari (1996–1998) Rico Saccani (1998–2002) Rumon Gamba (2002–2010) Ilan Volkov (2011-hoxe)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da ISO Información sobre a ISO .

Categoría:Orquestras sinfónicas Categoría:Islandia