José Pedro Lujambio Ruibal, nado no Uruguai o 9 de xaneiro de 1929, é un exfutbolista uruguaio que xogaba de interior.
Traxectoria Aos 15 anos entrou no Peñarol, permanecendo cinco anos na disciplina do club, xogando como interior e en ocasións dianteiro centro, pero sen chegar a debutar co primeiro equipo.
En setembro de 1949 chegou a Galicia para xogar no Deportivo da Coruña, unhas semanas despois de que o fixese o tamén uruguaio Dagoberto Moll. Debutou na Primeira División na xornada 3 da tempada 1949/50, nun partido contra o Sevilla no estadio de Nervión, formando na dianteira xunto a Marquínez, Moll, Franco e Guimeráns. Repetiu titularidade no seguinte partido contra o Valladolid en Riazor, pero non volveu xogar ningún partido máis no equipo de Scopelli. En marzo de 1950, unhas semanas antes de que o equipo se proclamase subcampión de liga, Lujambio rescindiu o seu contrato e regresou ao Uruguai.
En 1952 foi contratado polo Club Atlético Chalaco, da cidade peruana de Callao, onde militou ata 1953. Posteriormente pasou varios anos no Sport Boys da mesma cidade, antes de fichar polo Unión América de Lima en 1959.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados no Uruguai Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Sport Boys Association