Jawbreaker é unha banda estadounidense de punk rock activa dende 1986 ata 1996, e novamente dende 2017 ata o presente. O grupo está considerado como unha grande influencia para o xénero emo dos anos 90.
O vocalista principal e guitarrista Blake Schwarzenbach, o baixista Chris Bauermeister, e o batería Adam Pfahler formaron a banda mentres estudaban na Universidade de Nova York, e posteriormente mudáronse aos Ánxeles onde publicaron o seu álbum de estrea Unfun (1990) a través do selo independente Shredder Records. No ano seguinte mudáronse novamente, desta vez a San Francisco, e en 1992 lanzaron Bivouac a través dos selos Tupelo Recording Company e The Communion Label.
O carisma de Schwarzenbach e as súas persoais letras axudarono a establecerse como un ídolo de culto, incluso cando tivo que operarse para extirpar uns dolorosos pólipos na súa gorxa que ameazaban a súa voz. Jawbreaker xirou con Nirvana en 1993 e publicou 24 Hour Revenge Therapy en 1994, chamando a atención das grandes discográficas. A banda asinou un contrato con DGC Records por 1 millón de dólares e lanzou en 1995 Dear You, pero a súa produción máis puída e as súas voces suavizadas causou unha reacción violenta de parte do seu público principal. As tensións internas levaron á disolución de Jawbreaker en 1996, repetindo Schwarzenbach que nunca se produciría unha reunión do grupo. Porén, a banda anunciou unha reunión en abril de 2017, e no presente están traballando nun novo álbum.
Tras a separación, os membros de Jawbreaker estiveron activos noutros proxectos como Jets to Brazil e Whysall Lane. Pfahler continuou editando material inédito de Jawbreaker a través do seu propio selo, Blackball Records, e o interese do público mantívose en parte a que os artistas de pop punk e emo que triunfaban estaban abertamente en débeda co son de Jawbreaker. En 2004, Pfahler fíxose cos dereitos do descatalogado Dear You e reeditouno con recensións positivas. Dende entón publicáronse versións remasterizadas do resto do catálogo da banda.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloUnfun1990Shredder RecordsBivouac1992Communion Label, Tupelo Recording Company24 Hour Revenge Therapy1994Communion Label, Tupelo Recording CompanyDear You1995DGC Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Nova York Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais formados en 1986