O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.

O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, O Castro de Caldelas e Montederramo.

A zona acolle, á beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.781 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Outros artigos Montes de Galicia

Ligazóns externas Webcam da CRTVG no cumio da Pista do Regato da Estación de Cabeza de Manzaneda

Categoría:Serras de Galicia Categoría:Macizo Galaico Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia