250px|miniatura|Vista da illa de Armona fronte a Olhão A illa de Armona ou, máis popularmente, illa da Armona, é unha illa da Ría Formosa, no concello de Olhão, no Algarve, Portugal.

Características miniatura|250px|Praia na illa de Armona miniatura|250px|Cabana turística na illa de Armona

A illa está formada por praias orientadas á Ría Formosa e fronte ao mar. As sús dimensións son de 9 km de lonxitude por de 0,1 a 1 km de largo.

Dispón de cámping e cabanas de alugueiro, e tamén é posíbel alugar casas particulares. Hai restaurantes preto do peirao, algúns deles con tradicións familiares transmitidas de xeración en xeración. Pola illa non circulan automóbiles, só vehículos motorizados de emerxencia e limpeza.

A conexión coa cidade de Olhão pódese facer diariamente por un ferri, nunha viaxe de 20 minutos, que circula de hora en hora no verán, e cun horario un pouco máis reducido no inverno, ou por taxi acuático, máis rápido.

A praia principal do lado atlántico da illa é inmaculada e está pouco masificada, polo que é un destino popular para os turistas que se hospedan en Olhão. O porto é un lugar moi popular no verán, cando os veciños e os veraneantes saltan desde o peirao ao mar.

Os afeccionados aos deportes acuáticos atoparán na illa de Armona un bo lugar para practicalos. Canoa, vela e mergullo son ​​só algúns exemplos. A pesca deportiva tamén é moi popular.

Ademais da parte habitada da illa, hai un treito cunha natureza máis salvaxe, onde é posible atopar, por exemplo, camaleóns e outros espécimes da fauna local.

A illa de Armona está integrada no Parque Natural da Ría Formosa.

En xuño de 2019 a illa estreouse coa bandeira azul, cunha das praias máis limpas do mundo.

Topónimo Para algúns estudosos Armona ten orixe celta. Hai topónimos de localidades menores en España (en Galicia na foz do río Miño, e no País Vasco, e Armona e Armora en Sevilla).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Horario dos barcos Parque de cabanas Localización no Google Maps

Armona