Frederick Arthur Walters, nado en Londres o 5 de febreiro de 1849 e finado en Ewell, Surrey, o 3 ou o 8 de decembro de 1931, foi un arquitecto británico activo nas épocas vitoriana e eduardiana, destacado polos seus templos católicos.

En paralelo á súa profesión, destacou tamén como estudoso e investigador numismático."Proceedings of the Royal Numismatic Society". En The Numismatic Chronicle. Serie 4ª. Vol. XII. Páxinas 6-7.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Walters naceu o 5 de febreiro de 1849 no distrito londiniense de Brompton. Era fillo do arquitecto Frederick Page Walters, con quen traballou como aprendiz durante tres anos."Frederick Arthur Walters". Dictionary of Scottish Architects.

Posteriormente formouse nas Royal Academy Schools, integradas na Royal Academy of Arts, onde ingresou en 1871.

Arquitectura miniatura|Abadía de Buckfast, obra de Frederick Walters.

Tras traballar no estudio de George Goldie durante nove anos, seis deles como axudante principal, estableceu un estudio propio en 1878. En 1924 asociouse co seu fillo, o tamén arquitecto John Edward Walters.

A confesión católica de Walters levouno a deseñar e a erguer máis de medio cento de igrexas e outros edificios relixiosos, nun estilo con reminiscencias góticas. Nalgúns templos preexistentes foi o encargado da súa reforma ou da súa redecoración interior, como é o caso das catedrais de Nottingham, de Plymouth e de San Xurxo en Southwark, Londres (1888-1905),"Roman Catholic Cathedral of St George (1385643)". National Heritage List for England. así como a abadía de Downside."Proceedings ...". Páxina 7.

En 1929 Ingresou como membro do Royal Institute of British Arquitects."Register of Fellows". En The Kalendar of the Royal Institute of British Architects. Novembro de 1930, Londres. Páxina 182.

Numismática A afección pola numismática de Frederick Walters comezou na súa xuventude e non se limitou ao papel de coleccionista de moedas senón que afondou no seu estudo e na investigación. Cando o 16 de decembro de 1897 ingresou na Royal Numismatic Society,"Members of the Numismatic Society of London 1836-1904". En Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). Páxina 74. xa publicara na revista desta entidade, Numismatic Chronicle, máis dunha vintena de artigos.Véxase "Publicacións numismáticas"."Proceedings ...". Páxina 6.

Tamén foi membro da British Numismatic Society, entidade da que foi presidente entre 1920 e 1921."History: Presidents of the Society". British Numismatic Society.

As súas investigacións numismáticas centráronse na moeda inglesa desde Eduardo III (1327-1377) ata Henrique VIII (1509-1547),Véxase "Publicacións numismáticas". aínda que tamén se ocupou doutras cuestións, como os achados de moedas da Antiga Roma.Véxase (1908) en "Publicacións numismáticas".

Walters finou en decembro de 1931 en Ewell, pouco antes de facer os 84 anos.

Recoñecementos

(1822): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Obras

Obra arquitectónica

Esta é unha obra dos traballos arquitectónicos asinados por Frederick A. Walters:"Walters, Frederick Arthur". En Graves, A. (1906). Páxina 120.

miniatura|Igrexa do Sagrado Corazón, en Winbledon, obra de Frederick Walters.

(1881). Igrexa de San Xosé (Wandsworth, Londres)."About ". St Joseph's Church Roehampton. (1884-1887). Igrexa do Sagrado Corazón (Wimbledon, Londres)."Sacred Heart Wimbledon. History". Sacredheartwimbledon.org.uk (1888). Entrada e torre da escola da Abadía de Douay (Woolhampton)."Former Douai School". Douaiabbey.org.uk (1890-1903). Igrexa da Nosa Señora de Ransom (Eastbourne, East Sussex)."Our Lady of Ransom Roman Catholic Church". Historic England. (1891). Seminario de San Xoán (Wonersh, Surrey).Sitio web: St John's Seminary. (1892). Abadía franciscana de Santo Agostiño (Chilworth, Surrey)."St Augustine's Abbey". Historic England. (1892-1893). Igrexa do Preciosísimo Sangue (Southwark, Londres).Evinson, D. (1998). Páxina 205. (1892-1893). Igrexa do Sagrado Corazón (Battersea, Londres).Evinson, D. (1998). Páxina 244. (1893-1894). Reitoral da Igrexa dos Mártires Ingleses (Walworth, Londres).Evinson, D. (1998). Páxina 219. (1894). Igrexa do Santo Nome e da Nosa Señora do Sagrado Corazón (Bow Common, Londres).Evinson, D. (1998). Páxina 225. (1894-1896). Igrexa do Sagrado Corazón (Petworth, West Sussex)."Sacred Heart, Petworth". Sacredheartpetworth.org.uk (1895). Igrexa de San Xosé (Dorking, Surrey)."Parishes: Dorking". British History Online. (1895-1897). Igrexa de San Xoán Evanxelista (Wealden, East Sussex)."St John the Evangelist Parish Church at Heron’s Ghyll". Diocese of Arundel & Brighton. (1896). Igrexa de San Tomé (Sevenoaks, Londres)."St Thomas' Church". En Granville/Eardley Road. Conservation Area Appraisal. Sevenoaks District Council. Xullo de 2000. Páxina 13. (1897-1907). Igrexa de Santa María dos Anxos (Worthing, West Sussex)."Worthing – St Mary of the Angels". Taking Stock. Catholic Churches of England & Wales. (1897-1935). Abadía de Ealing (Ealing, Londres).Kollar, R. (1989). The Return of the Benedictines to London, Ealing Abbey: 1896 to Independence. Burnes and Oates. ISBN 0-86012-175-5. Páxinas 53, 126. (1898). Igrexa de Santa María e San Miguel (Londres).Evinson, D. (1998). Páxina 226. (1898). Igrexa da Nosa Señora e San Pedro (East Grinstead, West Sussex)."Roman Catholic Church of Our Lady and St Peter". Historic England. (1900-1903). Igrexa de Santa Ana (Vauxhall, Londres).Evinson, D. (1998). Páxina 184. (1900-1901). Igrexa de San Xosé (Brighton)."St Joseph, Brighton". English Heritage Review of Churches in Diocese 2005 (Extract). (1901-1903). Igrexa dos Anxos da Garda (Mile End, Londres).Evinson, D. (1998). Páxina 232. (1903). Igrexa de Santa Isabel de Portugal (Richmond, Londres).Cherry, B.; Pevsner, N. (1983). The Buildings of England. London 2: South. Penguin, Londres. Páxina 519. ISBN 0-14-0710-47-7. (1904-1905). Igrexa de Santa Winifreda (South Wimbledon, Londres)."Church of ST Winefride". British Listed Buildings. (1905-1906). Igrexa de San Edmundo (Godalming, Surrey)."Church of St Edmund King and Martyr". Historic England. (1905-1915). Colexio de Santo Agostiño (Westgate-on-Sea, Kent).Westgate on Sea South Conservation Area Appraisal. Decembro de 2006.. Páxina 27. (1905-1937). Abadía de Buckfast (Buckfast, Devon).Kollar, R. (1989). Op. cit. Páxina 53. (1906). Igrexa da Nosa Señora da Piedade e San Simón (Putney, Londres).Evinson, D. (1998). Páxina 249. (1907). Igrexa de Santa María dos Anxos (Canton, Cardiff)."Church of ST Mary of the Angels R.C." British Listed Buildings. (1908-1909). Igrexa de Santo Anselmo e Santa Cecilia (Londres).Evinson, D. (1998). Páxinas 85-87. (1910). Igrexa da Nosa Señora de Lourdes (Ashby-de-la-Zouch, Leicestershire)."Ashby-de-la-Zouch – Our Lady of Lourdes". Taking Stock. Catholic Churches of England & Wales. (1910). Capela do Wimbledon College (Wimbledon, Londres)."Ashby-de-la-Zouch – Our Lady of Lourdes". (1911). Igrexa de San Xosé (Grayshott, Hampshire)."Grayshott – St Joseph". Taking Stock. Catholic Churches of England & Wales. (1914-1915). Igrexa de San Wilfredo (Kennington, Londres).Evinson, D. (1998). Páxina 212. (1923-1924). Igrexa de San Tarcisio (Camberley, Surrey)."Church of ST Tarcisius". British Listed Buildings. (1926). Igrexa de San Pedro (Winchester, Hampshire)."Curch C. 20". En Hampshire Treasures. Vol. 4 (Winchester). Páxina 49. (1928). Igrexa da Nosa Señora de Lourdes (Harpenden, Hertfordshire)."Roman Catholic Church of Our Lady of Lourdes". Historic England.

Publicacións numismáticas Esta é unha escolma dalgúns dos artigos numismáticos máis salientables publicados por Frederick A. Walters na revista Numismatic Chronicle, da Royal Numismatic Society:"Walters, Frederick A." WorldCat Identities.

(1902). "The silver coinage of the reign of Henry VI". Vol. 2. Páxinas 224-266. (1903). "The gold coinage of the reign of Henry VI". Vol. 3. Páxinas 286-310. (1905). "The coinage of Henry IV". Vol. 5. Páxinas 247-306, 402. (1906). "The coinage of Henry V". Vol. 6. Páxinas 172-218. (1908). "A rare sestertius of Antoninus Pius". Vol. 8. Páxinas 194-196. (1909). "The coinage of the reign of Edward IV". Vol. 8. Páxinas 132-219. (1910). "The coinage of the reign of Edward IV (continued)". Vol. 10. Páxinas 117-145. (1914). "The coinage of the reign of Edward IV (continued)". Vol. 14. Páxinas 330-377.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society 1836-1986. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8 Evinson, D. (1998). Catholic Curches of london. Sheffield Academic Press, Sheffield. ISBN 1-85075-819-0 Graves, A. (1906). The Royal Academy of Arts; a complete dictionary of contributors and their work from its foundation in 1769 to 1904. Vol. VIII. Londres. "Proceedings of the Royal Numismatic Society". En The Numismatic Chronicle. Serie 4ª. Vol. XII. Páxinas 6-7.

Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Nados en Kensington e Chelsea Categoría:Arquitectos do Reino Unido Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos de Royal Academy Schools Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Arquitectura cristiá