Antonio López Arias,Nalgunhas fontes confúndese con José Antonio López Jaspe. coñecido como Canín, finado en Pazos (Monfero) o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Pertencía ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderado por Adolfo Allegue Allegue. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en setembro de 1948 unha requisitoria contra el, confundíndoo con Antonio López Jaspe, e Francisco Rey Balbís, Jesús Valeiro Gómez e José Antonio Cortiñas Blas."Requisitoria", La Voz de Galicia, 9-9-1948, p. 3. Requisitoria que volveu repetirse, coa mesma confusión no seu nome, ao mes seguinte cos engadidos de José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia e José Blanco Núñez."Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2. O 8 de xaneiro de 1949 participou con Benigno Andrade García, José Remuiñán Barreiro, Manuel Bastida Franco e José Blanco Núñez na morte de José Couceiro Taboada, subcabo de Somatén, xefe de Falange e mestre e da súa muller María Constela en Soutelo de Montes. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda Civil en Pazos (San Fiz de Monfero) cos seus compañeiros Adolfo Allegue Allegue, José Chao Rouco, José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral e José Remuiñán Barreiro o 31 de outubro de 1949.La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2."Siete bandoleros muertos en un tiroteo con la Guardia Civil, en Pazos", El Correo Gallego, 1-11-1949, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Finados en 1949