miniatura|250px|Bandeirolas cos títulos nacionais e os números retirados de Ilves no teito de Hakametsä. miniatura|250px|Bandeirolas cos títulos nacionais de Ilves Naiset no Tesoman jäähalli. Ilves é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere, Finlandia. Con 16 campionatos finlandeses e dúas copas de Finlandia en categoría masculina absoluta, 10 campionatos nacionais e unha Copa de Europa en categoría feminina absoluta, así como numerosos títulos nacionais en categorías inferiores masculina e feminina, Ilves é un dos equipos máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés, facendo un total de 154 medallas en campionatos de Finlandia nas distintas categorías, das cales 73 se corresponden co título de campión.
Ademais Ilves ten conseguido un subcampionato da Copa de Europa masculina e dous bronces na Copa Continental masculina.
Moitas personalidades relacionadas co equipo recibiron distintos trofeos a nivel individual, e numerosas xogadoras e xogadores foron recoñecidas durante o tempo que xogaron para o equipo de Tampere. Do mesmo xeito, moitos dos trofeos idivididuais entregados anualmente a xogadoras e xogadores pola Naisten Liiga e a Liiga respectivamente levan o nome de antigas personalidades ligadas ao equipo, como Jarmo Wasama, Aarne Honkavaara, Lasse Oksanen, Raimo Kilpiö, Katja Riipi, Marianne Ihalainen, Sari Fisk ou Noora Räty. Do mesmo xeito, moitas xogadoras e xogadores do equipo foron seleccionados para os equipos das estrelas da liga feminina e masculina.
Xeral O Aaro Kivilinnan muistopalkinto é entregado cada ano ao mellor equipo de hóckey sobre xeo de Finlandia. O trofeo é determinado pola clasificación final do equipo na Liiga ou Mestis, o seu equipo na liga feminina e os seus equipos en categorías inferiores. Ilves gañou o trofeo un total de oito veces dende a súa creación na tempada 1972–73: 1973, 1974, 1978, 1981, 1982, 1983, 1990 e 1993. O "Patín de Prata" de Kiekkolehti ao mellor equipo en situacións especiais na Liiga. O equipo gañou este premio en sete ocasións: 1962, 1966, 1972, 1985, 1989, 1990 e 1998.
Equipo masculino Trofeos colectivos 230px|miniatura|A Kanada-malja, trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión de Finlandia. Con 16 títulos, Ilves é o segundo equipo que máis veces se proclamou campión de Finlandia. SM-liiga A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Ilves gañou proclamouse un total de 16 veces campión de Finlandia: 1936, 1937, 1938, 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957, 1958, 1960, 1962, 1966, 1972 e 1985. 9 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1935, 1948, 1949, 1965, 1968, 1969, 1970, 1990 e 1998. 12 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1934, 1939, 1941, 1943, 1963, 1964, 1967, 1974, 1975, 1983, 1989, 2001, 2022, 2023 e 2025.
O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Ilves gañou este galardón nunha única ocasión: 1988.
Suomen Cup Campión: 1958 e 1971. Subcampión: 1955 e 1969.
Copa de Europa Subcampión: 1967
Copa Continental Medalla de bronce: 1998 e 2007
Tampere Cup Campión: 2019 Subcampión: 1999, 2003, 2008 e 2015 Medalla de bronce: 1989, 1993, 2016, 2017, 2018, 2020 e 2022
Trofeos individuais miniatura|250px|O Trofeo Aarne Honkavaara no Suomen Jääkiekkomuseo (Tampere). Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador de Ilves e da seleccionador masculino Aarne Honkavaara. Un total de tres xogadores de Ilves recibiron este galardón, se ben o número de máximos goleadores do campionato finlandés que xogaron para Ilves ascende ata os once cun total de 19 trofeos: Jaakko Tiitola: 1934 Jussi Tiitola: 1935, 1936 e 1937 Matti Wasama: 1938 Aarne Honkavaara: 1944, 1946, 1948 e 1952 Matti Rintakoski: 1944 Jorma Peltonen: 1966 Pekka Leimu: 1968, 1969 e 1972 Lasse Oksanen: 1970 Raimo Summanen: 1983 e 1990 Mikko Mäkelä: 1985 Vesa Viitakoski: 2002 Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Recibe o seu nome en honor ao xogador de Ilves Jarmo Wasama. Ao longo da súa historia, doce xogadores de Ilves fixéronse co galardón, entre eles o primeiro en recibilo, Seppo Ahokainen: Seppo Ahokainen: 1972 Markus Mattsson: 1975 Risto Siltanen: 1977 Jukka Tammi: 1983 Jari Neuvonen: 1985 Mika Nieminen: 1988 Pasi Puistola: 1998 Toni Dahlman: 2001 Simo Vidgren: 2005 Perttu Lindgren: 2006 Otto Koivula: 2017 Matias Maccelli: 2020 Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador Kalevi Numminen. Tan só un adestrador de Ilves conseguiu o galardón ao longo da historia do equipo: Seppo Hiitelä: 1985 Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome do antigo xogador de Ilves Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, dus xogadores de Ilves gañaron o trofeo. Raimo Helminen: 1998 Michael Keränen: 2014 Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Dous xogadores do equipo recibiron o galardón dende a súa introdución: Allan Measures: 1998 Markus Seikola: 2009 Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador de Ilves e da selección nacional. Sete xogadores do equipo teñen conseguido o trofeo: Raimo Kilpiö: 1960 Lasse Oksanen: 1968 Reijo Hakanen: 1972 Jorma Kallio: 1974 Risto Jalo: 1983 Juha Järvenpää: 1990 Vesa Viitakoski: 2002 Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo. Dous porteiros de Ilves teñen alzado o trofeo: Jukka Tammi: 1990 Lukáš Dostál: 2020 Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de dez xogadores de Ilves conseguiron o galardón canto menos nunha ocasión: Jaakko Tiitola: 1934 Jussi Tiitola: 1935, 1936 e 1937 Matti Wasama: 1938 Aarne Honkavaara: 1946, 1948, 1950, 1951 e 1952 Jorma Salmi: 1957, 1958 e 1959 Raimo Kilpiö: 1960 Jorma Peltonen: 1966, 1968, 1969, 1970, 1972 Raimo Summanen: 1989 e 1990 Peter Larsson: 1998 Steve Kariya: 2005
Trofeos da Asociación de Xogadoras e Xogadores miniatura|O Kultainen kypärä no Suomen Jääkiekkomuseo (Tampere). Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Tres xogadores de Ilves conseguiron este recoñecemento: Jukka Tammi: 1990 Raimo Helminen: 1998 Michael Keränen: 2014 Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en Pori Juha Rantasila. Tan só un xogador do equipo conseguiu o galardón, foi Markus Seikola en dúas tempadas consecutivas (2009 e 2010): Markus Seikola: 2009 e 2010
Equipo feminino Trofeos colectivos miniatura|A Sammon Malja, entregada ao equipo gañador da Naisten SM-sarja ata 2010. SM-sarja/Naisten liiga A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Ilves Naiset gañou un total de 10 veces o trofeo: 1985, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 1993, 2006, 2010 11 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1983, 1989, 1994, 1995, 2004, 2005, 2008, 2009, 2011, 2018, 2019 7 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1984, 1999, 2000, 2001, 2003, 2025 e 2026 miniatura|Banndeirola do Campionato de Europa conquistado polo Ilves Naiset en 2011 no Tesoman jäähalli. IIHF European Women's Champions Cup Campioas: 2011
Torneo Lipstick (non oficial) Disputado entre 1978 e 1982 e sen carácter oficial, nomeou o equipo campión de Finlandia antes da creación da categoría feminina da SM-sarja/Liiga. O Ilves gañou o torneo en tres ocasións: 1980, 1981 e 1982.Panel de descrición da copa do Torneo Lipstick na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo na primavera de 2023 (consultado o 30 de abril de 2023).
Trofeos individuais Trofeo Riikka Nieminen: outorgado á mellor xogadora da Naisten Liiga dende a tempoda 2008-09. Dúas xogadoras de Ilves teñen alzado o trofeo dende a súa creación: Jenni Hiirikoski: 2010 Linda Välimäki: 2018 Anni Keisala: 2022 Trofeo Tuula Puputti: recompensa cada ano á mellor porteira da liga. Dúas xogadoras do equipo recibiron o galardón, para un total de tres trofeos conseguidos pola entidade: Maija Hassinen-Sullanmaa: 2006 e 2008 Anni Keisala: 2021 e 2022 Trofeo Päivi Halonen: entregado cada ano á mellor defensora da liga. Creado na tempada 2005-06, a primeira xogadora premiada foi Heidi Pelttari, que é ata a tempada 2021-22 a única xogadora de Ilves que conseguiu gañar o trofeo: Heidi Pelttari: 2006 Trofeo Katja Riipi: entregado cada ano á mellor dianteira da liga. Recibe o seu nome en honor á ex xogadora de Ilves, entre outros equipos, Katja Riipi. Dúas xogadoras do equipo alzaron a galardón dende a súa introdución na tempada 2005-06: Saara Tuominen: 2006 Linda Välimäki: 2010 Trofeo Marianne Ihalainen: cada ano dende a tempada inaugural da Naisten Liiga, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo entrega este galardón á mellor puntuadora da liga regular. Recibe o seu nome en honor á ex xogadora de Ilves e membro do Salón da Fama do hóckey finlandés Marianne Ihalainen. Cinco xogadoras de Ilves recibiron este recoñecemento canto menos nunha ocasión: Anne Haanpää: 1985 Marianne Ihalainen: 1990 Anne Nurmi: 1992 Sari Fisk: 1995 Linda Välimäki: 2010 e 2018 Trofeo Tiia Reima: entregado dende a tempada inaugural pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo á máxima goleadora da liga. Cinco xogadoras do equipo gañaron o trofeo nalgunha ocasión: Anne Haanpää: 1985 Marianne Ihalainen: 1990 Anne Nurmi: 1992 Sari Fisk: 1995 e 2001 Linda Välimäki: 2010 e 2018 Trofeo Sari Fisk: dende a tempada 2010-11 se entrega o trofeo Sari Fisk á xogadora con mellor plus–minus ao final da liga regular. Unha xogadora de Ilves Naiset conseguiu o galardón: Heidi Pelttari: 2012 Trofeo Karoliina Rantamäki: entregado dende a tempada 1999-2000 á MVP dos play-offs. Dúas xogadoras do equipo alzaron o trofeo dende a súa introdución: Maija Hassinen-Sullanmaa: 2006 Linda Välimäki: 2010 Trofeo Noora Räty: outorgado á mellor debutante na liga dende a tempada 2005-06. Na tempoda 2021-22 tan só unha xogadora do equipo gañara o galardón nalgunha ocasión: Venla Kotkaslahti: 2011 Trofeo Emma Laaksonen: o premio ao xogo limpo entrégase dende a tempada 2011-12. Unha xogadora de Ilves Naiset gañou o premio nunha ocasión: Satu Niinimäki: 2012
Trofeos da Asociación de Xogadoras e Xogadores Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 2022 á mellor xogadora da Naisten Liiga por votación da Asociación de Xogadoras e Xogadores. No ano da súa instauración na categoría feminina a xogadora de Ilves Anni Keisala converteuse na primeira galardoada: Anni Keisala: 2022
Categorías inferiores miniatura|a Legacy Bowl, trofeo entregado ao equipo campión da Nuorten Liiga masculina (Junior A).