Luísa Maria Vilar Braamcamp Sobral, nada en Lisboa o 18 de setembro de 1987, é unha cantante e compositora portuguesa. Compuxo a canción "Amar pelos dois", interpretada polo seu irmán Salvador Sobral, gañadora do Festival de Eurovisión 2017.

Traxectoria Saíu do anonimato en 2003, con só 16 anos, como concursante do programa Ídolos da SIC, onde obtivo o 3º posto. Pouco despois, marchou aos Estados Unidos para estudar no Berklee College of Music, onde rematou a súa licenciatura en 2009.}

Lanzou o seu álbum debut, The Cherry On My Cake, o 14 de marzo de 2011, que acadou, na primeira semana, a terceira posición nas listas de éxitos de Portugal.

En 2012, converteuse na terceira artista portuguesa en actuar no programa Jools Holland, presentando as súas cancións e compartindo escenario con Melody Gardot. Sobral tamén colaborou na xira da cantante estadounidense.

Tamén en 2012 gravou con Alejandro Sanz ("Bailo Con Vos") e con David Fonseca ("It Shall Pass").

En 2016 editou Luísa presentada en directo por todo o país. O disco gravouse nos Ánxeles, nos míticos United Recording Studios, por onde pasaron nomes históricos como Frank Sinatra, Ray Charles, Ella Fitzgerald, Jay-Z, Radiohead ou U2. Á fronte da produción estivo Joe Henry, gañador de tres premios Grammy, quen, ademais dunha sólida traxectoria en nome propio, asinou obras de músicos como Elvis Costello, Solomon Burke, Beck ou Madonna. Ademais de produtor, Joe Henry tamén conta cunha sólida traxectoria artística con 13 discos editados, colaboracións con artistas como Brad Mehldau ou Bill Frisell e unha notábel traxectoria como compositor, con énfase no seu traballo con Madonna, do que é un dos seus principais provedores de cancións.

Recoñecemento Durante a estadía nos Estados Unidos, foi nomeada nas categorías Best Jazz Song, no Malibu Music Awards en 2008; Best Jazz Artist no Hollywood Music Awards; International Songwriting Competition en 2007 e The John Lennon Songwriting Competition tamén en 2008.

En maio de 2017, poucos días despois de que "Amar pelos dois" gañase o Festival de Eurovisión, Luísa e Salvador Sobral foron homenaxados por unanimidade pola Asemblea da República polo seu logro.

O 23 de abril de 2018 recibiu, xunto con Salvador Sobral, o premio Martha de La Cal á personalidade do ano 2017, da Asociación da Prensa Estranxeira de Portugal. O mesmo día, foi nomeada comandante da Orde do Mérito polo presidente da República Portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa.

Ademais, “Amar dos dois” foi nomeada para a Mellor Música, outra categoría no mesmo galardón.

Influencias Entre as súas influencias, destacan nomes como Billie Holiday, Ella Fitzgerald, Chet Baker, Björk, Regina Spektor, Rui Veloso, Jorge Palma, Bernardo Sassetti, Sara Tavares, Maria João e Mário Laginha.

Discografía

Álbums de estudio

The Cherry On My Cake (2011) There's a Flower In My Bedroom (2013) Lu-Pu-I-Pi-Sa-Pa (2014) Luísa (2016) Rosa (2018) Camomila (2021) DanSando (2022)

Sinxelos

"Not There Yet" (2011) "Xico" (2011) Mom Says (2013) "My Man" (2016) "Alone" (2016) "O Melhor Presente" (2018)

Colaboracións e duetos 2012David FonsecaIt Shall Pass2012Alejandro Sanz (ESP)Bailo Com Vos2013NoiservI Was Trying to Sleep When Everyone Woke Up2013Jamie CullumShe Walked Down the Aisle2013António ZambujoInês2015Afonso PaisLisboa Antiga2015They're Heading WestI'll Be Waiting2016AnaquimHá Sempre Qualquer Coisa2018Salvador SobralSó um Beijo2019IsauraUma Frase Não Faz a Canção2019Salvador SobralPrometo Não Prometer2019ToscaUn Giorno in Più2020Zahara (ESP)Todo Lo Que No Está2021Joana AlegreCanção do Instante2021Feten Feten (ESP)Sei Que Vai Passar

Composicións para outros artistas AnoArtistaTítulo2013Ana MouraA Minha Estrela2013Marco RodriguesA Rosa e o Narcioso2016Salvador SobralI Might Just Stay Away2017Salvador SobralAmar Pelos Dois2018António ZambujoSe Já Não me Queres2019Susana TravassosNão Doeu2019Sabela (ESP)Dame Una Señal2019Zé ManelAgosto2019Mayra AndradeTerra da Saudade2019ToscaUn Giorno in Più2020Sara CorreiaDizer Não2021ElisaSe Não Me Amas2022Luís TrigacheiroTrocas-me a Mim

Podcast En 2021, Luísa Sobral estreou O Avesso da Canção, un podcast semanal no que fala con outros compositores sobre as historias detrás dalgúns dos seus grandes éxitos. En cada episodio detállanse algunhas cancións de cada artista -letra e composición- que ao longo da tempada pasan a formar parte da lista de reprodución oficial do podcast en Spotify.

De onde veu o Bairro do Amor de Jorge Palma? Como naceu O Homem do Leme dos Xutos e Pontapés? Que inspirou a Tiago Bettencourt a escribir a marabillosa Carta? Cal é o método de escritura de Márcia ou David Fonseca? Todas estas e outras cuestións desvélanse nas animadas conversas de O Avesso da Canção. Todos os episodios teñen unha ilustración orixinal, en alusión ao seu convidado, da ilustradora Camila Beirão dos Reis.

Obra literaria En 2022, Luísa Sobral e a ilustradora Camila Beirão debutaron no mundo da literatura infantil con Quando a Porta Fica Aberta, un libro dedicado aos nenos e nenas que, partindo da forma da porta do armario do cuarto de Emília, unha nena con medo de apagar a luz, móstralle todas as cousas marabillosas que poden ocorrer dentro da noite. O libro foi publicado por Caminho e presentado na Livraria Ler Devagar, en Lisboa. En 2024 publicouse o segundo libro infantil de Luísa Sobral, O Peso das Palavras, con ilustracións de Ligeiramente Canhoto. En 2025, Luísa Sobral publicou a súa primeira novela, Nem todas as árvores morrem de pé.

Infantil

Quando a Porta Fica Aberta (2022). Ed. Caminho. ISBN 978-9722131483. O Peso das Palavras (2024). Framboesalecrim artes e espect. ISBN 9789893359327.

Novela

Nem todas as árvores morrem de pé (2025). D. Quixote. ISBN 9789722084901.

Vida persoal Filla de Salvador Luís Cabral Braamcamp Sobral (Lisboa, Santos-o-Velho, 21 de maio de 1955, neto paterno do 4º Conde de Sobral, e a súa muller e curmá-sobriña en 2º grao e curmá en 3º grao (5 de maio de 1984) Luísa Maria Cabral Posser Vilar (Setúbal, Nossa Señora da Anunciada, 25 de agosto de 1960), irmá de Bernardo Vilar.Sobriña-trineta do 1.º Conde de Alvelos, tetraneta do 2.º Visconde da Azenha e 1.º Conde da Azenha, sobriña-tetraneta do 1.º Conde de Almarjão e do 2.º Conde da Folgosa, 6.ª neta da 1.ª Condessa de Geraz do Lima, trineta do 1.º Visconde de Moçâmedes e 1.º Conde de Moçâmedes, tetraneta da 2.ª Condessa de Sobral, bisneta do 4.º Conde de Mafra e trineta do 1.º Conde de Burnay, de ascendencia alemá, neerlandesa, italiana e francesa Ten un irmán máis novo, Salvador Sobral (28 de decembro de 1989), que, coma ela, participou en Ídolos e que debutou discograficamente en 2016.

En xaneiro de 2016, anunciou que estaba embarazada dunha parella que non revelou. O neno, chamado José, naceu o 27 de xuño de 2016.Caras O 13 de maio de 2018 naceu o seu segundo fillo chamada Rosa.http://caras.sapo.pt/famosos/2018-06-06-Luisa-Sobral-ja-foi-mae-pela-segunda-vez En abril de 2020, anunciou que estaba embarazada por terceira vez.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Compositores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1987 Categoría:Cantantes de Portugal