miniatura|210px|Calvario, 1426 Masaccio (Tommaso Cassai ou Tommaso di Ser Giovanni di Mone) nado en San Giovanni Valdarmo, Italia o 21 de decembro de 1401 e finado en Roma, outono de 1428, foi un pintor italiano do Quattrocento, o primeiro período do Renacemento, iniciador da pintura moderna. Segundo Vasari, Masaccio foi o mellor pintor da súa xeración pola súa habilidade para imita-la natureza, recrear figuras e movementos realistas, así como por un uso convincente da perspectiva tridimensional, pois foi o primeiro en aplicar na pintura as leis da perspectiva matemática ou científica, aprendidas de Brunelleschi.
Masaccio morreu aos vinte e seis anos e sábese moi pouco sobre as circunstancias exactas da súa morte.
Traxectoria A pesar da súa curta carreira tivo unha fonda influencia noutros pintores posteriores; foi dos primeiros en usar a perspectiva científica na pintura que aprendeu de Brunelleschi.Vasari (1966), p.190
Dende as súas obras iniciais como Expulsión de Adán e Eva ou O Tributo na capela Brancacci da igrexa do Carmine en Florencia, a súa foi unha linguaxe austera e monumental, centrado no home e na súa acción. Mediante unha recreación intelectual despois dunha profunda observación da súa realidade, Masaccio verificou á volta á natureza humana e o espazo no que se desenvolve a súa actividade e non a través dunha simple reprodución das súas aparencias externas. Isto vai orixinar formas sintéticas, fortes volumes, acenos elementais mais decisivos. Nos seus últimos frescos en Santa María Novella e en Brancacci leva a perspectiva brunelleschiana á perfección.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Pintores de Italia Categoría:Nados na provincia de Arezzo Categoría:Pintores do século XV Categoría:Pintores do Renacemento