A dos aplodontíidos (Aplodontiidae) é unha familia de mamíferos da orde dos roedores, unha das tres incluídas na suborde dos esciuromorfos.Aplodontiidae Brandt, 1855 no MSW.

Na actualidade a familia comprende un só xénero cunha única especie.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1855 polo naturalista alemán Johann Friedrich von Brandt, nun traballo publicado en Mem. Acad. Imp. Sci. St. Petersbourg, ser. 6, VII; Sci. Nat.: 151.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos: Aplodontidae Trouessart, 1897 Haplodontidae Alston, 1876 Haploodontidae Lilljeborg, 1866 Haploodontini Brandt, 1855

Clasificación A familia, como quedou dito, só conta cun xénero, cunha única especie, na que se recoñecen as subespcies que se indican: Aplodontia Richardson, 1829 Aplodontia rufa Rafinesque, 1817 A. r. californica A. r. humboldtiana A. r. nigra A. r. pacifica A. r. phaea A. r. rainieri A. r. rufa

Nota taxonómica Tradicionalmente foi clasificada como a única familia non extinta da suborde Protrogomorpha. Pode ser unha familia irmá da familia dos esciúridos.

Fósiles Coñecense numerosos fósiles desde o Oligoceno até o Mioceno en Asia, do Oligoceno en Europa e desde o Oligoceno até a actualidade en Norteamérica, onde vive o único representante actual da familia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, M. C. & S. K. Bell (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York City: Columbia University Press. ISBN 0-2311-1012-X. Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X. Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Roedores Esciuromorfos

Ligazóns externas Aplodontia rufa Rafinesque, 1817 no GBIF.

Categoría:Roedores