Harry Bertram Earle Fox, nado en Andover, Hampshire, en 1863 e finado en Devizes, Wiltshire, o 21 de marzo de 1920, foi un xornalista e numismático inglés.
Earle Fox era irmán do pintor e tamén numismático John Shirley Fox.
Traxectoria
Xornalismo A condición de xornalista de Earle Fox levouno a residir en París, onde tamén residía o seu irmán John Shirley. Alí foi o editor do xornal en inglés Galignani's Messenger e da edición parisiense do New York Herald.Lawrence, L. A. (1920). Páxina 94.
Posteriormente, exerceu a súa profesión durante un tempo en Atenas.
Ao seu regreso a Inglaterra asentouse en Londres e entrou no equipo de dirección do xornal Standard.Lawrence, L. A. (1920). Páxina 95.
Numismático Earle Fox compartía co seu irmán John Shirley a súa paixón polo coleccionismo e polo estudo numismático, e durante a súa estadía en Atenas descubriu a moeda da Antiga Grecia e comezou a afondar no seu coñecemento, e publicou os seus primeiros artigos sobre este aspecto. A súa colección persoal de moeda grega, sobre a que baseou os seus estudos, foi doada polo seu desexo ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, á súa morte en 1920.Fox, H. B. E. (1898). "Greek coins in the collection of Mr. Earle Fox". En Numismatic Chronicle. 3ª serie. Vol. 18. Páxinas 286-293."Harry Bertram Earle-Fox". The British Museum.
Cando volveu a Londres, introduciuse xunto co seu irmán o estudo na numismática medieval inglesa dos Plantagenet e dos Tudor, o que deu lugar a unha serie de artigos sobre este asunto a partir de 1909.Ver "Publicacións".
Ingresou na Royal Numismatic Society o 19 de novembro 1891 e ao pouco tempo pasou a formar parte do seu consello directivo, como vicepresidente entre 1913 e 1915.Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8. Páxina 60. En 1920 foi honrado postumamente pola máxima distinción desta entidade, xunto co seu irmán.
Tamén formou parte da British Numismatic Society, na que ingresou en 1907"The British Numismatic Society. Proceedings 1907". En The British Numismatic Journal. Vol. 4 (1907). Páxina 366. e posteriormente ocupou o cargo de secretario. Ademais, durante os seus derradeiros dous anos da súa vida foi o editor da publicación periódica desta entidade, o British Nunmismatic Journal.
Vida persoal Os problemas de saúde de Earle Fox fixeron que abandonase Londres en 1914 e retirouse a unha casa de campo na pequena localidade de Woolhampton, en West Berkshire.
Earle Fox morreu o 21 de marzo de 1920, en Devizes, Wiltshire, aos 57 anos de idade.
Recoñecementos
(1920): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres (ex aequo con J. S. Fox)."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos artigos numismáticos publicados por Earle Fox ao longo da súa traxectoria, inicialmente acerca da moeda da Antiga Grecia e, a partir de 1909, sobre a moeda medieval inglesa:"Fox, H. B. Earle". WorldCat Identities."Fox, H.-B. Earle ". Digital Library Numis.
Moeda grega
(1887). "L'obole athénienne et ses fractions à lépoque macédonienne". En Revue Numismatique. 3ª serie. Vol. 5. Páxinas 209-210. (1890). "Note sur quelques monnaies attiques rares et inédites". En Revue Numismatique. 3ª serie. Vol. 8. Páxinas 54-64 (1898). "Greek coins in the collection of Mr. Earle Fox". En Numismatic Chronicle. 3ª serie. Vol. 18. Páxinas 286-293. (1898). "The Duoviri of Corinth". En Journal International d'Archéologie Numismatique. 2. Páxinas 89-116. (1905). "Some Athenian Problems". En Numismatic Chronicle. 4ª serie. Vol. 5. Páxinas 1-9. (1906). "The early Coinages of European Greece". En Corolla Numismatica. Oxford University Press. Páxinas 34-46. (1908). "The Initial Coinage of Corcyra". En Numismatic Chronicle. 4ª serie. Vol. 8. Páxina 80.
Moeda medieval inglesa
(1909). "Numismatic history of the reigns of Edward I, II and III" (con J. Shirley Fox). En British Numismatic Journal. Vol. 6. Páxinas 197-212. (1910). Parte II. Vol. 7. Páxinas 91-142. (1911). Parte III. Vol. 8. Páxinas 137-148. (1912). Parte IV. Vol 9. Páxinas 181-206. (1913). Parte V. Vol. 10. Páxinas 95-123.
(1917). "The pennies of Edward I, II and III" (con J. Shirley Fox). En The Numismatic Chronicle. 4ª serie. Vol. 17. Páxinas 279-297.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Lawrence, L. A. (1920). "Obituary: Harry Bertram Earle Fox". Numismatic Chronicle. 4ª serie. Vol. 20. Páxinas 94-95.
Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Nados en Hampshire Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes