María de la Luz Pintos Peñaranda, nada en Santiago de Compostela o 17 de maio de 1956, é unha filósofa galega, profesora na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria Licenciouse na Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, na primeira promoción da licenciatura (1973-1978). Comezou a carreira docente na USC en 1979 e, en 2024 foi profesora titular na Facultade de Filosofía, na área de Filosofía.
Principais influencias O seu campo de interese é a filosofía contemporánea, concretamente, o movemento fenomenolóxico no que foi introducida polo fenomenólogo Javier San Martín Sala, profesor co que se doutorou cunha tese titulada La historicidad de la conciencia en Merleau-Ponty (1989). A súa traxectoria investigadora, dentro da Fenomenoloxía, está marcada pola crítica da cultura husserliana e pola recuperación da experiencia vivida, da corporalidade e da intersubxectividade, temas que tomou sempre como punto de partida para aplicar a perspectiva fenomenolóxica a distintos problemas da nosa actualidade como o feminismo, o racismo e a xenofobia, a recuperación da empatía emocional no suxeito, a reivindicación dun pensamento e acción ecolóxicos e a fundamentación ontolóxica do animal non humano como suxeito como baseamento para un cambio de valoración e de actuación.
O seu interese pola temporalidade comezou coa lectura na adolescencia de Confessiones, de Agostiño de Hipona, confirmado facendo os seus estudos universitarios de Filosofía, no encontro con Bergson e a prefenomenolóxica experiencia da durée no libro Essai sur les données inmédiates de la conscience.
O coñecemento desta forma de entender a experiencia temporal levouna a Sein und Zeit de Heidegger, da man do que entrou no eido do movemento fenomenolóxico, e co que pudo profundar, dende o punto de vista ontolóxico, na temporalidade e na historicidade. Obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura cunha tesiña sobre A temporalidade na filosofía de Martin Heidegger.
Outras influencias foron Nietzsche, Marx, Freud e os primeiros integrantes da Escola de Frankfurt polo seu desenmascaramento de aspectos negativos da nosa cultura e porque converxen –polo menos parcialmente– coa crítica da cultura husserliana.
Liñas de investigación e orientación da docencia e da súa obra Temas fenomenolóxicos: Corporalidade, corporalidade perceptiva e empático-emotiva, intersubxectividade, temporalidade, historicidade, espacialidade.
Estudo de autores fenomenólogos: Edmund Husserl, Martin Heidegger, Maurice Merleau-Ponty, Eugen Fink e Aron Gurwitsch.
Estudo de autores que, sendo alleos á Fenomenoloxía, teñen aspectos nos que se achegan moito á fenomenoloxía nalgún sentido: os biólogos Jacob J. von Uexküll e Adolf Portmann, o psiquiatra Sigmund Freud e o neuropsiquiatra Kurt Goldstein (foi pioneira en publicar en España sobre este último autor).
Temas relacionados co seu deber de compromiso como intelectual e como aplicación da Fenomenoloxía: crítica da cultura obxectivista, a globalización da cultura posmoderna, a xustiza entre humanos, a relación entre humanos e animais non humanos, feminismo, racismo e xenofobia, belicismo, refuxiados, aceleración do cambio climático e ecoloxismo. Publicacións Libros (coedición de libros e monográficos de revistas)
Obras colectivas
Artigos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na USC
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela