miniatura|240px|Marmota marmota A dos marmotinos (Marmotini) é unha tribo de mamíferos roedores esciuromorfos da familia os esciúridos e subfamilia dos xerinos.
Taxonomía Descrición O tribo foi descrito en 1923 polo zoólogo inglés Reginald Innes Pocock, nun traballo publicado en Proc. Zool. Soc. Lond., 1923 (1): 240.Tribe Marmotini Pocock, 1923 en MSW.
Etimoloxía O nome científico da tribo, Marmotini, está formado, como manda a norma, pola unión dos elementos Marmot- e -inae. O primeiro é a raíz do xénero Marmota, da súa especie tipo, Marmota marmota, e o segundo é o sufixo empregado para formar os nomes das tribos dos animais.
Xéneros Recoñecense na tribo os seguintes xéneros: Ammospermophilus Cynomys Marmota Sciurotamias Spermophilus Tamias
Características Coñecidos vulgarmente como esquíos terrestres, entre cuxas especies encóntranse as tamias, os cans das pradarías e as marmotas, teñen tamaños e hábitos variados, pero posúen un trazo común: o poder pararse ergueitos sobre as súas patas traseiras durante longos períodos. Por outra parte, son máis sociábeis que outros esquios, e poden vivir en grandes colonias cunha estrutura social complexa.
O integrante máis grande da tribo é a marmota alpina (Marmota marmota), que chega a medir entre 53 e 73 cm a pesar entre 5 e 8 kg.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X. Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Esciuromorfos Esciúridos Xerinos
Ligazóns externas Marmotini na EOL. About California Ground Squirrels.
Categoría:Esciúridos