O Open Ice Winter Classic Tampere foi un partido de hóckey sobre xeo ao aire libre que se disputou o 14 de decembro de 2013 no Estadio de Ratina, na cidade de Tampere, Finlandia. O partido enfrontou aos dous principais equipos da cidade, Tappara (que xogou como local) e Ilves. O partido formou parte da tempada 2013-14 da SM-liiga.
Foi o primeiro partido ao aire libre entre os dous grandes clubs de Tampere na era moderna. Ao finalizar os 60 minutos regulamentarios o Tappara impúxose por un gol a cero, e o autor do gol foi Pekka Saravo.
Durante o segundo terzo produciuse unha interrupción de case unha hora logo da rotura do xeo da pista.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Artigo sobre o partido en Jatkoaika.com
Categoría:Ilves (hóckey sobre xeo) Categoría:Tappara Categoría:SM-liiga Categoría:Eventos deportivos en Tampere