Romain Guessagba-Sato-Lebel, nado o 2 de marzo de 1981 en Bimbo, é un ex xogador centroafricano de baloncesto profesional. Cunha altura de 1,96 metros xogaba nas posicións de escolta e ala.

Traxectoria profesional Sato foi elixido na 52ª posición do Draft da NBA de 2004 polos San Antonio Spurs. Tras ser drafteado, Sato asinou co Aurora Basket Jesi da Serie A2 Basket, a segunda división italiana.

En xullo de 2010, Sato asinou un contrato de tres anos co Panathinaikos BC grego. No verán de 2012, Sato asinou por dous anos co Fenerbahçe turco.

En agosto de 2012, asinou co Valencia Basket da Liga ACB un contrato por unha tempada. O 1 de xullo de 2014, Sato e o Valencia renovaron o contrato do xogador por dous anos máis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados na República Centroafricana Categoría:Xogadores de baloncesto da República Centroafricana Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Mens Sana Basket Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do Valencia BC