María Teresa Estevan Bolea, nada en Huesca o 26 de outubro de 1936, é unha enxeñeira e política española. Foi a primeira muller do Corpo de Enxeñeiros Industriais do Estado, e a terceira muller de España en obter o título de Enxeñeira Industrial (en 1968). En 2018 recibiu o premio mundial Women in Engineering da Federación Mundial de Organizacións de Enxeñería (WFEO).
Traxectoria María Teresa Estevan ingresou na Escola de Enxeñeiros Industriais de Barcelona, onde foi a primeira Enxeñeira Industrial da Universidade Politécnica de Barcelona, sendo a primeira muller do Corpo Estatal de Enxeñeiros Industriais, así como a terceira muller en España en obter este título.
Despois de traballar en empresas cementeiras, químicas, refinerías e gasodutos, dende 1968 ata 1975 traballou na Dirección Xeral de Enerxía cando se iniciou o proceso de autorización de centrais nucleares. Como ela declarou, estaba no nacemento de todas as plantas.
De 1977 a 1982, foi directora xeral de Medio Ambiente e secretaria da Comisión Interministerial de Medio Ambiente. Posteriormente ingresou no Partido Popular, co que foi elixida deputada por Madrid, nas eleccións xerais de España de 1986 e nas de 1989 . Durante eses anos formou parte da Comisión de Industria do Congreso dos Deputados. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 e de 1994 a 1997 foi membro da Comisión de Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Enerxía do Parlamento Europeo .
Dende 1999 ata 2000 presidiu o Consejo Superior de Industria y Energía. En 2000, foi nomeada asesora da Comisión Nacional de Energía e dimitiu en 2001 cando foi nomeada Presidenta do Consello de Seguridade Nuclear, cargo que ocupou ata a súa xubilación en 2006. En 2004, durante a crise provocada polas anomalías da central nuclear de Vandellòs, enviou un informe ao Congreso dos Deputados, minimizando os danos, e criticando a ecoloxistas e socialistas.La presidenta del CSN envió al Congreso un informe 'maquillado' sobre Vandellòs a El País, 29 de abril de 2005
Foi decana do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid entre 2012 e 2016, institución que en 2007 a recoñeceu coa Mención de Honra á Traxectoria Profesional.
En 2019 a Real Academia de Ingeniería concedeulle o premio "Ingeniero Laureado”" ademais do World Engineering Award que a Federación Mundial de Organizacións de Enxeñería (WFEO) lle concedeu en setembro de 2018.
Polémica A xestión de María Teresa Estevan foi cualificada de nefasta por Greenpeace, que a acusa nun informe de "enganar ao Parlamento e á opinión pública", e durante o seu mandato producíronse escándalos que provocaron, entre outros, unha multa do Ministerio de Economía á Central de Zorita por un importe de 300.000 euros.
Pola súa banda, Estevan denunciou publicamente a existencia dunha campaña contra ela co obxectivo de pechar as centrais nucleares.
Entre as polémicas máis graves figura a ocultación ao Congreso dos Deputados e á opinión pública da gravidade do suceso ocorrido o 25 de agosto de 2005 na central nuclear de Vandellós-2.
O seu paso por diversas institucións estivo caracterizado polo nepotismo, colocando a familiares e amigos, entre os que destaca o seu propio xenro, a quen situou sen experiencia algunha como xefe do gabinete de prensa do CSN.
Notas
Categoría:Nados en Huesca Categoría:Europarlamentarios de España (1994-1999) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades sen imaxes