Joaquín González de la Peña, nado o 10 de setembro de 1836 e finado en Madrid o 6 de abril de 1908, foi un avogado e político español, ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XIII.
Traxectoria Senador por Sevilla en 1905, desenvolveu a súa carreira profesional na Administración de Xustiza chegando ser presidente de sala do Tribunal Supremo, cargo que ocupaba cando foi nomeado ministro de Graza e Xustiza no goberno que presidía Eugenio Montero Ríos. Desempeñou a carteira entre o 23 de xuño e o 31 de outubro de 1905.
Faleceu repentinamente en Madrid o 6 de abril de 1908. Foi enterrado no cemiterio de San Justo, nesta mesma cidade.
Vida familiar Foi irmán de Ángel González de la Peña, subgobernador do Banco de España. Casou coa baronesa de Forna, María del Pilar de la Encina, que faleceu o 9 de febreiro de 1909, e foi pai do barón de Forna, Joaquín González-de la Peña de la Encina.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Presidentes do Tribunal Supremo de España Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1908