Alexander Konstantínovich Mordvilko (en ), nado o 3 de febreiro de 1867 en Stolovitchi, Rexión de Brest, Gobernorato de Minsk do Imperio ruso (actual Bielorrusia), e finado o 12 de xullo de 1938 en Leningrado, URSS, foi un entomólogo,Abigail Lustig, Robert J. Richards & Michael Ruse, eds. (2004): Darwinian Heresies. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-1-1394-5347-9, p. 23. parasitólogo e botánico ruso.

Traxectoria Foi o primeiro especialista en parasitoloxía no Museo Zoolóxico da Academia Rusa de Ciencias.

Publicou traballos sobre os ciclos de vida, moitas veces complexos, dos parasitos, así como, en 1909, instrucións para recoller e almacenar vermes parasitos.

Á fronte do departamento de briozoos e vermes, enriqueceu as coleccións helmintolóxicas adquirindo as de Konstantin Skryabin.

Algúns taxons descritos por Mordvilko

Acyrthosiphon Aulacorthum Chaetosiphon Corylobium Delphiniobium Elatobium Impatientinum Lipaphis Metopeurum Metopolophium Microlophium Rhopalomyzus Sitobion Uroleucon

Todos eles pertencentes á subfamilia dos Aphidinae, da familia dos Aphididae.

Abreviatura A abreviatura Mordvilko empegase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Alexander Mordvilko en Department of Parasitic worms - History. Zoological Institute of the Russian Academy of Sciences. Russian Academy of Sciences. . (Consyltado o 13 de decembr de 2021).

Categoría:Científicos de Rusia Categoría:Zoólogos de Rusia Categoría:Nados na rexión de Brest Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1938