Jesús Manuel Nieves Cortez, nado en Río Piedras, Porto Rico, o 9 de abril de 1993, coñecido artisticamente como Jhay Cortez, é un cantante, rapeiro, compositor e produtor discográfico portorriqueño de reguetón e trap latino.
Traxectoria Cortez naceu en Río Piedras en Porto Rico. Mudouse a Camden en Nova Jersey, Estados Unidos, razón pola que tivo unha nenez bilingüe.
Comezou a compoñer cancións aos 15 anos, isto fixo que o produtor Eddie Dee se interesase nel e foi coñecido polos produtores Lele a arma Secreta e Eliel, cos que empezou a escribir cancións e quen o conectan para traballar co dúo Zion & Lennox, para os cales compuxo dúas cancións, «Como curar» e «Detective de tu amor», ademais de producir «Soltera» baixo o pseudónimo de Jay el Superdotado, as tres cancións formando parte do álbum Los verdaderos.
Posteriormente compuxo cinco sinxelos para Perico eñ Bambino, entre eles: «Llama al sol» para o seu álbum Invencible publicado no 2011, o cal resultaría gañador dun Grammy Latino na categoría de mellor álbum tropical.
Carreira musical En 2013, comezou como cantante formando parte dun grupo de pop latino chamado Stereo 4, o cal naceu como unha idea de Joel Báez quen se dá á tarefa xunto a Roberto Sánchez e o seu inseparable dúo de traballo, Jhay Neves (vocalista do grupo), de atopar aos que pronto formarían parte deste grupo musical. Stereo 4 foi a mestura de catro voces totalmente diferentes. A agrupación xuvenil estaba composta por Jafet Cortes, Eduardo Esteiras, Rubén Chinea e Jesús M. Neves.
Colaborou co grupo por última vez en 2016 coa canción «Te quiero ver», a cal foi unha colaboración co seu antigo grupo e co cal debutou como solista.
Notas
Categoría:Cantantes de Porto Rico Categoría:Nados en 1993 Categoría:Rapeiros