Betéitiva é unha vila e concello da provincia de Valderrama, no departamento colombiano de Boyacá. O centro urbano de Betétiva atópase a 250 quilómetros da capital do país, Bogotá, a 110 quilómetros da capital de departamento, Tunja, e 45 quilómetros de Sogamoso. O concello, que se atopa no Altiplano Cundiboyacense, limita con Belén polo norte, con Paz de Río polo nordeste, con Tasco polo leste, con Corrales polo sueste e con Busbanzá e Cerinza polo oeste.

Etimoloxía O nome Betéitiva deriva do nome muisca do cacique Betacín. Segundo un mito muisca, Betacín namorouse da filla do iraca de Sugamuxi e tras ser rexeitado retirouse na zona agora coñecida como Betéitiva. Etymology Betéitiva - Excelsio.net

Historia Antes da conquista española, a rexión de Betéitiva estaba habitada polos muiscas, organizados na Confederación Muisca. Diferentes gobernantes reinaron nas terras altas dos Andes colombianos e Betéitiva estaba gobernado polo cacique Betacín.

A Betéitiva moderna foi fundada o 14 de outubro de 1556 por Juan Salamanca.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca