A Unión Europea Occidental (UEO) foi unha organización de defensa europea formada polos estados membros da Unión Europea e os membros europeos da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). En 2010, anunciou que todas as súas actividades concluirían o 30 de xuño de 2011.
Historia As bases da UEO establecéronse no Tratado de Bruxelas de 1948, como organización europea de defensa e seguridade.
Esta organización internacional, creada orixinariamente por Francia, Bélxica, o Reino Unido, Luxemburgo e os Países Baixos, creouse nun principio para asistir calquera dos seus integrantes no caso de recibir unha agresión e tamén, igual que o Consello de Europa (establecida en 1949), impediu que a UEO actuase de xeito independente, quedando relegada a un segundo termo.
Propúxose que a Unión Europea, que pretende ter competencias en seguridade e defensa grazas ao seu segundo piar, acabase absorbendo a UEO, xa que todos os seus membro formaban parte das dúas organizacións e a UEO foi case nula durante os seus anos de existencia, debido ao maior protagonismo da OTAN.
Disolución O 31 de marzo de 2010, anunciou a súa disolución trala entrada en vigor do Tratado de Lisboa e o desenvolvemento da política de defensa na Unión Europea. As súas actividades concluíron o 30 de xuño de 2011.
Organización A UEO estaba composta polo Consello e a Asemblea. O seu secretario xeral era, con carácter nato, o Alto Representante para Asuntos Exteriores e Seguridade da Unión Europea.
Consello A UEO estaba dirixida por un Consello de Ministros, coa asistencia dun Consello de Representantes Permanentes a nivel de embaixadores. Aspectos sociais e culturais do Tratado de Bruxelas foron entregados ao Consello de Europa para evitar a duplicación de responsabilidades dentro de Europa.The Western European Union CVCE
Asemblea Unha asemblea parlamentaria (composta polas delegacións dos estados membros da asemblea parlamentaria do Consello de Europa) supervisaba o traballo do Consello, mais non tiña obriga ningunha neste. A asemblea da UEO era unha institución consultiva.
Participación A Unión Europea Occidental tiña dez estados membros, seis asociados, cinco observadores e sete socios. O 14 de xuño de 2001, o secretario xeral Solana afirmou que non había razóns para cambiar o status dos estados non membros da organización.
Membros Todos os países membros da Unión Europea Occidental eran tamén membros da OTAN e da Unión Europea. Eran os únicos estados que tiñan dereitos completos de voto.
(1995)
(27 de marzo de 1990) (27 de marzo de 1990)
Observadores Roma, 1992: os observadores eran membros da Unión Europea, mais non da OTAN.Dinamarca era unha excepción, sendo membro dos dous. Ten unha opt-out polo Tratado de Maastricht (1992), polo que non participa na política de seguriade e defensa común da Unión Europea. (1995)
(1995)
(1995)
Membros asociados Roma (1992): creouse a figura dos membros asociados para incluír os países europeos que eran membros da OTAN mais non da Unión Europea: (1999) (1999)
(1999) (1992)
Os membros asociados Polonia, a República Checa e Hungría uníronse á UE en 2004.
Socios Kirchberg, 1994: países que nese momento non eran membros nin da OTAN nin da UE. Todos os países uníronse tanto á OTAN como á UE en 2007:
(1996)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial da Unión Europea Occidental (inglés e francés) Asemblea da Unión Europea Occidental (inglés e francés)
Categoría:Organizacións internacionais