Andrea Palladio, nado como Andrea di Pietro della Gondola en Padua o 30 de novembro de 1508 e finado o 19 de agosto de 1580, foi un arquitecto véneto, amplamente considerado o máis influente na historia da arquitectura occidental. O apelido de "Palladio" é, en realidade, un alcume derivado da deusa grega Pallas Atenea que lle puxo o seu primeiro patrón, un humanista de Vicenza.Hartt & McIntire (1989), p. 723

Traxectoria Palladio realizou a maioría da súa obra en Vicenza, estudou a arquitectura clásica romana, o que vai ser determinante para axeitar as súas construcións ó seu uso e o seu contorno, o gusto polos edificios civís, a valorización contrastada entre superficies pechadas e abertas mediante pórticos de columnas, dentro dunha racional simetría, vai ser a idea dominante da súa arquitectura, que é luminosa e cromática que establece unha clara relación entre paisaxe e arquitectura que se reforza pola prolongación dos eixos principais dos edificios que se introducen na natureza, conseguindo a súa unificación.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Palladianismo

Categoría:Arquitectos de Italia do século XVI Categoría:Arquitectos do Renacemento Categoría:Nados en 1508 Categoría:Finados en 1580 Categoría:Nados en Padua