Reservation Dogs é unha serie de televisión estadounidense creada por Sterlin Harjo e Taika Waititi para FX Productions. É a primeira serie notábel con guionistas e directores indíxenas, así como un elenco e un equipo de produción case completamente composto por indíxenas norteamericanos. Note: Oklahoma is recognized as Indian Territory, a distinction that was upheld by the 2020 Supreme Court decision, McGirt v. Oklahoma. É tamén a primeira serie rodada completamente en Oklahoma. A serie estreouse a través de FX on Hulu o 9 de agosto de 2021, (Día Internacional dos Pobos Indíxenas). En setembro de 2021, a serie foi renovada para unha segunda tempada, e a unha terceira en 2022, a cal se estreou o 2 de agosto de 2023. A serie rematou o 27 de setembro de 2023.
Sinopse A serie conta a historia de catro adolescentes indíxenas nunha zona rural de Oklahoma, mentres pasan os días cometendo crimes e loitando por chegar a California.
Personaxes Principais Devery Jacobs como Elora Danan Postoak D'Pharaoh Woon-A-Tai como Bear Smallhill Lane Factor como Cheese Paulina Alexis como Willie Jack
Recorrentes Sarah Podemski como Rita, nai de Bear Zahn McClarnon como Oficial Big Dallas Goldtooth como William "Spirit" Knifeman Gary Farmer como Tío Brownie, Elora's uncle Lil Mike como Mose Funny Bone como Mekko Elva Guerra como Jackie, líder da mafia NDN Jack Maricle como White Steve, membro da mafia NDN Jude Barnett como Bone Thug Dog, membro da mafia NDN Xavier Bigpond como Weeze, membro da mafia NDN Dalton Cramer como Daniel Kirk Fox como Kenny Boy Matty Cardarople como Ansel Jon Proudstar como Leon, pai de Willie Jack Kimberly Guerrero como Auntie B, tía de Willie Jack Casey Camp-Horinek como avoa na clínica Keland Lee Bearpaw como Danny Bighead
Estrea A serie estreouse en FX on Hulu nos Estados Unidos o 9 de agosto de 2021. Nos mercados internacinais, distribuíuse a través de Star no servizo de vídeo en liña Disney+. En América Latina, estreouse como serie orixinal de Star+. Na India, os oito episodios da tempada 1 estreáronse en Disney+ Hotstar o 2 de outubro de 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América