Nikola Janković, nado o 13 de febreiro de 1994 en Vranje, é un xogador de baloncesto profesional serbia. Xoga nas posicións de ala-pivote e pivote cunha altura de 2,06 m. Foi o MVP da Liga do Adriático en 2017 coa Union Olimpija. Actualmente xoga para o FMP Meridian serbio.
Traxectoria Nado en Vranje, unha cidade situada no sur de Serbia, Janković comezou a xogar de novo ao baloncesto nun club da súa cidade natal, o Ekonomac. A continuación formou parte das categorías inferiores do FMP Železnik e do KK Crvena zvezda (Estrela Vermella), onde fixo unha media de 10,4 puntos por partido entre 2009 e 2012. </ref> Após cumprir 18 anos, renunciou a asinar o seu primeiro contrato profesional co equipo de Belgrado, asinando no seu lugar co Spirou Charleroi belga. Na súa primeira temporada como profesional fóra do seu país apenas contou con minutos co primeiro equipo, onde fixo unha media de 5,2 puntos e 2,6 rebotes por encontro. Ao ano seguinte foi cedido ao Verviers-Pepinster, outro equipo da máxima categoría belga, onde destacou con 16,1 puntos e 6,2 rebotes por partido.
Regresou a Charleroi ao finalizar a tempada. Con todo, o xogador rompe o contrato que lle unía ao club para fichar polo KK Mega Basket serbio. En febreiro de 2016 logra xunto ao seu equipo o primeiro trofeo importante na historia do Mega Leks, a Copa de Serbia. Acabou a tempada facendo unha media de 9,4 puntos e 5,4 rebotes por partido. NA seguinte temporada asina coa Union Olimpija de Liubliana, equipo co conseguiu gañar a liga e a copa. Tamén foi ese mesmo ano o MVP da Liga do Adriático (ABA Liga), tras facer unha unha valoración de 19,24, con 16,6 puntos e 7,2 rebotes por partido. Tras finalizar a temporada viaxou a Turquía para xogar co Sakarya BB da máxima categoría do país. Esa temporada fai unha media de 7,8 puntos e 4,5 rebotes por xogo. En 2018 asina co Movistar Estudiantes da Liga ACB, onde fai 9,3 puntos e 4,3 rebotes por partido. Con todo, en decembro dese mesmo ano decide asinar polo Partizan de Belgrado. Tras tres temporadas no equipo serbio e un breve paso polo Podgorica, Janković regresa ao Mega Basket para a temporada 2021, onde permanece até decembro. O 28 desde mesmo mes anúnicase a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB. Sen moitas oportunidades no club lucense, o 7 de setembro anúnciase a súa fichaxe polo FMP Meridian serbio.
Equipos Nikola Janković xogou nos seguintes equipos ao longo da súa carreira profesional. Spirou Charleroi (PBL, 2012–2013) Verviers-Pepinster (PBL, 2013−2015) Mega Leks (ABA Liga, 2015−2016) Union Olimpija (ABA Liga, 2016−2017) Sakarya BB (BSL, 2017−2018) Movistar Estudiantes (ACB, 2018) Partizan NIS (ABA Liga, 2018−2021) Podgorica (ABA Liga 2, 2021) Mega Mozzart (ABA Liga, 2021) Río Breogán (ACB, 2021−2022) FMP Meridian (ABA Liga, 2022−presente)
Palmarés Campión da Liga de Eslovenia (1): 2017 Campión da Copa de Eslovenia (1): 2017 Campión da Copa de Serbia (3): 2016, 2019, 2020 MVP da ABA Liga (Liga do Adriático): 2017 MVP da Copa de Eslovenia: 2017
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Vranje Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Spirou Charleroi Categoría:Xogadores do RBC Pepinster Categoría:Xogadores do KK Mega Basket Categoría:Xogadores do Sakarya BB Categoría:Xogadores do KK Union Olimpija Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do KK Podgorica Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do KK FMP