Sasha Sagan é unha autora, produtora de televisión e cineasta. O seu libro For Small Creatures such as We publicouse en 2019.
Traxectoria Sagan é filla da escritora Ann Druyan e do astrónomo Carl Sagan, e irmá de Samuel, Dorion, Jeremy e Nick. Ela é graduada na Universidade de Nova York. Escribiu para a New York Magazine. Interpretou o papel da nai de Carl Sagan en Cosmos: Possible Worlds. Sasha Sagan foi co-produtora da curtametraxe Bastard (2010), da que ela mesma e Kirsten Dunst foron as guionistas.
Vida persoal Sagan mora en Boston co seu marido, Jonathan Noel, e a filla deles. Casaran en Ithaca, Nova York, en setembro de 2013.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista con Sasha Sagan no ABC.NET (en inglés) Sasha Sagan no Space.com (en inglés) Web persoal Sasha Sagan no Twitter Sasha Sagan entrevista a Carolyn Porco "For Small Creatures Such As We" Charla de Sasha Sagan en YouTube
Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York